DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 11 de setembro de 2009 Páx. 14.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de agosto de 2009 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar xustifícase polas necesidades organizativas da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Mar, consultadas as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de funcionarios da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de agosto de dous mil nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de agosto de dous mil nove, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

ANEXO

Consellería do Mar

Na relación de postos de traballo da extinta Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, publicada no DOG número 32, do 14 de febreiro de 2007, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario.

Modificacións:

Na páxina 2.014:

-No posto «PE.C02.00.001.15770.049.-SECCIÓN INFORMÁTICA», cambia a súa columna Grupo, que pasa a ser «ABC».

-No posto «PE.C02.00.001.15770.075.-SERVIZO DE FOMENTO DA ORGANIZACIÓN SECTORIAL», cambia a súa columna Forma de provisión que pasa a ser «C», e a columna Corpo/escala, que pasa a ser «Xeral/especial».