DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 08 de setembro de 2009 Páx. 14.545

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 31 de xullo de 2009 pola que se nomean novos vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG número 45, do 4 de marzo), pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, establece no seu artigo 1 a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social na Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á Consellería de Traballo.

Concretamente no seu artigo 2, establécese a composición e procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

Ao abeiro do previsto na devandita orde realizáronse as propostas de nomeamento das persoas titulares e suplentes por parte das organizacións empresariais e as organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas cales foron nomeados os referidos representantes mediante a Orde do 10 de setembro de 2008.

Facendo uso da posibilidade, que recolle o artigo 2.4º da Orde do 21 de febreiro de 2008, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia acordou a substitución dos seus membros titular e suplente.

Por todo o exposto, ao abeiro do referido artigo 2.4º parágrafo segundo da Orde do 21 de febreiro de 2008, e de acordo coas atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como vogais da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, por proposta do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, como titular a Maica Bouza Seoane, en substitución de Eusebio Justo Santos.

Artigo 2º

Nomear como vogal suplente a Ascensión Esteban Ceballos, en substitución de Hortensia Álvarez Folgar.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar