Antecedentes.
Primeiro.-A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (anteriormente denominada Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes), por medio da Orde do 25 de febreiro de 2009, estableceu as bases reguladoras e convocou as subvencións para o establecemento de servizos de transporte público nocturno a lugares de lecer baixo a marca NoiteBús.
Segundo.-De conformidade co disposto na dita orde e no Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer (en adiante o Decreto), Autocares Castrocaldelas, S.L. presentou solicitude de establecemento do servizo para a ruta Montederramo-Castro Caldelas-A Pobra de Trives ante o Servizo Provincial de Transportes (actualmente Servizo de Mobilidade).
Terceiro.-Unha vez examinada a solicitude, de conformidade co artigo 6.2º do Decreto, o servizo provincial (Servizo de Mobilidade) elevou proposta estimatoria sobre o establecemento do servizo ao director xeral de Mobilidade.
Fundamentos xurídicos.
Único.-Segundo o artigo 103 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, e o artigo 6 do Decreto, a prestación de servizos de transporte regular temporal a lugares de lecer requirirá un acordo previo de establecemento do servizo, e corresponderalle ao titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditar resolución expresa ao respecto.
En consecuencia e vista a normativa aplicable, resolvo estimar a solicitude de establecemento do servizo de transporte regular temporal a lugares de lecer para a ruta Montederramo-Castro Caldelas-A Pobra de Trives nos termos establecidos no anexo e, de acordo co establecido no artigo 6.3º do Decreto, habilítase un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG, para que os empresarios de transportes poidan presentar solicitude de autorización do servizo. Para estes efectos deberán achegar a documentación que se relaciona no artigo 6.1º do devandito Decreto.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2009.
Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Datos do servizo
Ruta: Montederramo-Castro Caldelas-A Pobra de Trives.
Paradas: Montederramo, Castro Caldelas, A Pobra de Trives.
Horarios:
Ida: 23.10.
Volta: 6.10.
Quilómetros totais do servizo: 82.
Calendario de prestación do servizo:
2009: 5/9, 12/9, 19/9, 26/9, 3/10, 10/10, 17/10, 24/10, 31/10, 7/11, 14/11, 21/11, 28/11, 5/12, 12/12, 19/12, 26/12, 31/12.
2010: 2/1, 5/1, 9/1, 16/1, 23/1, 30/1, 6/2, 13/2, 20/2, 27/2, 6/3, 13/3, 20/3, 27/3, 1/4, 2/4, 3/4, 10/4, 17/4, 24/4, 1/5, 8/5, 15/5, 22/5, 29/5, 5/6, 12/6, 19/6, 26/6.
Número mínimo de prazas: 18.