Antecedentes.
Primeiro.-A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (anteriormente denominada Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes), por medio da Orde do 25 de febreiro de 2009, estableceu as bases reguladoras e convocou as subvencións para o establecemento de servizos de transporte público nocturno a lugares de lecer baixo a marca NoiteBús.
Segundo.-De conformidade co disposto na dita orde e no Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer (en diante o Decreto), José Luis Longarela Suárez presentou solicitude de establecemento do servizo para a ruta Friol-Curtis-Bribes ante o Servizo Provincial de Transportes (actualmente Servizo de Mobilidade).
Terceiro.-Unha vez examinada a solicitude, de conformidade co artigo 6.2º do Decreto, o servizo provincial (Servizo de Mobilidade) elevou proposta estimatoria sobre o establecemento do servizo ao director xeral de Mobilidade.
Fundamentos xurídicos.
Único.-Segundo o artigo 103 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, e o artigo 6 do Decreto, a prestación de servizos de transporte regular temporal a lugares de lecer requirirá un acordo previo de establecemento do servizo, e corresponderalle ao titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditar resolución expresa ao respecto.
En consecuencia e vista a normativa aplicable, resolvo estimar a solicitude de establecemento do servizo de transporte regular temporal a lugares de lecer para a ruta Friol-Curtis-Bribes nos termos establecidos no anexo e, de acordo co establecido no artigo 6.3º do Decreto, habilítase un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG, para que os empresarios de transportes poidan presentar solicitude de autorización do servizo. Para estes efectos deberán achegar a documentación que se relaciona no artigo 6.1º do devandito Decreto.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2009.
Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Datos do servizo
Ruta: Friol-Curtis-Bribes.
Paradas: Friol, Parga, Guitiriz, Teixeiro, Curtis-Estación, Oza, Bribes.
Horarios:
Ida: 23.00.
Volta: 5.00.
Quilómetros totais do servizo: 176.
Calendario de prestación do servizo:
2009: 4/9, 11/9, 18/9, 25/9, 2/10, 9/10, 16/10, 23/10, 30/10, 6/11, 13/11, 20/11, 27/11, 4/12, 11/12, 18/12, 25/12.
2010: 1/1, 8/1, 15/1, 22/1, 29/1, 5/2, 12/2, 19/2, 26/2, 5/3, 12/3, 19/3, 26/3, 2/4, 9/4, 16/4, 23/4, 30/4, 7/5, 14/5, 21/5, 28/5, 4/6, 11/6, 18/6, 25/6.
Número mínimo de prazas: 38.