DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 28 de agosto de 2009 Páx. 14.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de xullo de 2009 pola que se autoriza 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria no Seminario Menor Diocesano San Pelayo, do concello de Tui (Pontevedra).

Examinado o expediente iniciado polo representante do Seminiario Menor Diocesano San Pelayo, do concello de Tui, no que solicita autorización para impartir 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Tendo en conta que este expediente foi tramitado polo departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; a Orde do 28 de febreiro de 1994, sobre autorización de centros docentes privados dos seminarios menores diocesanos e de relixión da Igrexa católica; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos exixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ao solicitado, tendo en conta o punto segundo, letra e) da mencionada Orde do 28 de febreiro de 1994.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria no Seminario Menor Diocesano San Pelayo, do concello de Tui (Pontevedra), segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria que se autorizan, o departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se autorizan.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Localidade: Tui.

Enderezo: Calvo Sotelo, nº 4.

Denominación: Seminario Menor Diocesano San Pelayo.

Titular: Diócese de Tui-Vigo.

Código do centro: 36009883.

Composición resultante:

4 unidades de educación secundaria obrigatoria (1º, 2º, 3º e 4º curso).