DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 28 de agosto de 2009 Páx. 14.089

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Esta secretaría xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2009 ao abeiro da Resolución do 24 de novembro de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan, para o ano 2009, axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 40.30.151A.470.0 e 40.30.461A.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Medios

Ver referencia pdf "16900D002P005.PDF"