DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 26 de agosto de 2009 Páx. 13.962

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

RECURSO de inconstitucionalidade 3644-2009.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por Auto do 27 de xullo actual, acordou no recurso de inconstitucionalidade número 3644-2009, promovido polo avogado do Estado, en representación do presidente do Goberno, manter a suspensión da disposición adicional segunda da Lei de Galicia 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda, que se produciu coa admisión do mencionado recurso e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado número 121, do 19 de maio de 2009.

Madrid, 27 de xullo de 2009.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno