DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 20 de agosto de 2009 Páx. 13.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xullo de 2009 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2009.

Por Orde do 16 de marzo de 2009 (DOG do 31 de marzo), modificada pola Orde do 30 de abril de 2009 (DOG do 20 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas dirixidas a asociacións e fundacións con fins pedagóxicos e sen ánimo de lucro, inscritas nos correspondentes rexistros, para a realización de actividades organizadas co alumnado e coas familias da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2009, e aprobou as súas bases reguladoras.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base novena da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 2009.45.04.423A.481.2, as axudas que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Denegar as axudas solicitadas, polos motivos que se especifican, ás asociacións que figuran no anexo II desta orde.

Terceiro.-O pagamento das axudas económicas farase unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase de xeito individualizado, por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

Cuarto.-O prazo de xustificación das actividades será o previsto no punto décimo das bases da convocatoria.

Quinto.-Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29 /1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2009.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "16300D001P006.PDF"

ANEXO I

Ver referencia pdf "16300D001P006.PDF"