DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 19 de agosto de 2009 Páx. 13.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 30 de xullo de 2009 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Clima organizacional e asistencia ao drogodependente no Plan de Galicia sobre drogas.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato, e despois de emitido o perceptivo informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2009.

María del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Clima organizacional e asistencia ao drogodependente no Plan de Galicia sobre drogas: 19 euros.