DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 17 de agosto de 2009 Páx. 13.626

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan os contidos dos estudos de minimización da produción de residuos que deben presentar os produtores de residuos de Galicia.

A disposición adicional segunda do Real decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos, aprobado mediante Real decreto 833/1998, do 20 de xullo, establece a obrigatoriedade para os produtores de residuos perigosos de presentaren no prazo de catro anos, a partir da entrada en vigor do citado Real decreto 952/1997, e posteriormente coa mesma periodicidade, un estudo de minimización deses residuos perigosos por unidade producida, comprometéndose a reducir a súa produción, na medida das súas posibilidades.

Coa finalidade de fixar os contidos destes estudos e o seu ámbito de aplicación, a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 11 de maio de 2001 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos perigosos que deben presentar os produtores autorizados de residuos.

O Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, establece no seu artigo 20 a obriga de presentar o estudo de minimización aos produtores de residuos non perigosos que xeren unha cantidade igual ou superior a mil toneladas ao ano, así como a exención da presentación deste estudo por parte dos pequenos produtores de residuos perigosos.

Os conceptos de residuos perigosos, de non perigosos e de produtor de residuos aparece recollido no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Hai determinadas empresas que non desenvolven ningún proceso de produción industrial xerador de residuos, polo que deberán presentar un estudo de minimización centrado na aplicación correcta dun código de boas prácticas.

Así, faise necesario ditar unha nova norma que fixe e unifique o contido dos estudo de minimización e a aplicación de boas prácticas e permita realizar un control efectivo sobre a redución real dos residuos xerados polos produtores.

Polo exposto, no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular o contido que deben ter os estudos de minimización da produción de residuos das empresas produtoras de residuos de Galicia.

Artigo 2º.-Destinatarios.

Están obrigados a presentar os estudos de minimización:

a) Os produtores de residuos perigosos que xeren unha cantidade igual ou superior a dez mil quilos ao ano.

b) Os produtores de residuos non perigosos que xeren unha cantidade igual ou superior a mil toneladas ao ano.

Artigo 3º.-Contido do estudo de minimización.

a) Empresas xeradoras de residuos en que se desenvolven procesos de produción industrial.

O contido do estudo de minimización, que será integrado para cada empresa e que deberá incluír de forma separada información de todos os centros produtores de residuos que a empresa ten radicados no ámbito da comunidade autónoma axustarase ao establecido no anexo I desta orden.

b) Empresas xeradoras de residuos en que non se desenvolven procesos de produción industrial.

O contido do estudo de minimización consistirá na descrición do código de boas prácticas aplicado na empresa conforme o establecido no anexo II desta orden. Nestes supostos o contido do estudo presentado ten que incorporar unha descrición da súa actividade en que se xustifique que a actividade non xera directamente residuos.

Artigo 4º.-Prazos e presentación.

O estudo de minimización presentarase no primeiro trimestre do cuarto ano despois do inicio da actividade produtora dos residuos e, posteriormente, cada catro anos, e englobará todos os centros autorizados.

No caso de autorizarse un novo centro durante o período de vixencia do estudo, non será necesario actualizar o estudo de minimización, senón que deberán achegarse os seus datos no seguinte estudo de minimización.

O estudo de minimización presentarase ante a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, nos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo isto sen prexuízo do que establece a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Artigo 5º.-Valoración do estudo de minimización.

Unha vez presentado o estudo, será examinado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en relación coas medidas propostas para conseguir unha redución na cantidade ou perigosidade dos residuos.

Segundo o caso, procederá a solicitar a corrección ou a presentación de documentación adicional, ou a aprobar ou rexeitar o estudo de minimización presentado.

No caso de ser rexeitado o estudo, será de aplicación o réxime sancionador establecido na Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.

Na declaración anual da produción de residuos, o produtor informará a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do seguimento do estudo de minimización conformado previamente.

Disposicións transitorias

Primeira.-A avaliación dos estudos de minimización presentados e non rematados na data de entrada en vigor desta orde continuarán a súa tramitación conforme o establecido nela, sen prexuízo da conservación das actuacións xa realizadas.

Segunda.-O seguimento dos estudos de minimización presentados e aprobados realizarase conforme as condicións recollidas no documento de aprobación.

Disposición derrogatoria

Derrógase a Orde do 11 de maio de 2001 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos perigosos que deben presentar os produtores autorizados de residuos e a Orde do 23 de decembro do 2005 pola que se regula o contido básico dos estudos de minimización da produción de residuos non perigosos que deben presentar os produtores autorizados de residuos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar as normas necesarias para o mellor cumprimento e aplicación desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2009.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

Ver referencia pdf "16000D001P006.PDF"

Ten implantada a súa empresa un sistema ambiental acreditado?

BREVE DESCRICIÓN DAS MEDIDAS QUE SE VAN IMPLANTAR

Ver referencia pdf "16000D001P006.PDF"

ANEXO III

Instrucións básicas para presentar o estudo de minimización de residuos.

Datos dos residuos xerados:

Evolución na xeración dos residuos perigosos (tres anos anteriores):

-Ratio de xeración do residuo por unidade de produción (tm residuo/_______): é o cociente entre as toneladas de residuo xerado e a cantidade de produto ou servizo final asociado a esa xeración. Debe indicarse no cabeceiro desta táboa as unidades da ratio.

Previsión da produción (incluíndo ano presente):

-Ratio estimada de xeración do residuo por unidade de produción (tm residuo/_______): cociente entre a cantidade estimada de residuo e a cantidade estimada de produto ou servizo final. Debe indicarse no cabeceiro desta táboa as unidades do ratio. Debe ter o mesmo número de decimales que o ratio calculado no apartado anterior.

-Porcentaxe de redución respecto ao ratio do ano de referencia: o cálculo desta porcentaxe farase segundo o indicado na fórmula seguinte para cada un dos catro anos:

Ver referencia pdf "16000D002P011.PDF"

Entendéndose por ratio de referencia (Rreferencia) a ratio correspondente ao do ano anterior ao da presentación do estudo de minimización.

Medidas de minimización a adoptar:

Tipo de medida: natureza da medida de minimización:

-Boas prácticas (BP);

-Cambio de materias primas (CM);

-Novas tecnoloxías (NT);

-Reciclaxe ou recuperación en orixe (RO);

-Modificación do produto (MP);

-Outras (OT).

Máis información:

http://sirga.medioambiente.xunta.es.