DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 14 de agosto de 2009 Páx. 13.515

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 30 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica.

A Lei 12/1995, do 29 de decembro, do imposto sobre a contaminación atmosférica, estableceu un imposto propio da Comunidade Autónoma de Galicia que viña gravar as emisións de determinadas substancias contaminantes á atmosfera. A Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009 modifica, por unha banda a tarifa impositiva do imposto contida no artigo 12 da lei e, pola outra, a xestión do imposto, posibilitando a utilización dos medios electrónicos na súa aplicación. A modificación da tarifa supón na práctica a modificación das obrigas de presentar a declaración de alta, a autoliquidación mensual e o valor de emisión a partir do que se vai producir a alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes. De aí que fose preciso modificar a redacción dos artigos 11, 16 e 22 do Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica, referentes á tarifa impositiva, aos límites cuantitativos da obriga de

declarar e á inscrición no rexistro de focos emisores. Estas modificacións emprendéronse mediante o Decreto 10/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproban determinadas modificacións en materia de taxas e prezos, do imposto de contaminación atmosférica e en materia económico-administrativa que, ademais dos xa citados, modificou outros artigos, modificacións que respondesen á necesidade de adaptar o regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica á normativa xeral tributaria ditada desde a promulgación do Decreto 29/2000.

O artigo 103 da Constitución española sinala a eficacia como un dos principios que deben rexer o actuar das administracións públicas. Pola súa parte, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, alude no seu artigo 3, xunto aos principios constitucionais, aos de eficiencia e servizo aos cidadáns, recoñecendo no artigo 35 o dereito dos cidadáns a que se lles facilite o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas. Para o logro destes obxectivos a Lei 30/1992 destaca, no seu artigo 45, como instrumento idóneo, a utilización por parte das administracións de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas no desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, polo que as insta a que impulsen e apliquen as devanditas técnicas. Finalmente, a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, consagra a relación coas administracións públicas

por medios electrónicos como un dereito dos cidadáns e como unha obriga correlativa das administracións. Deste xeito, a Lei 11/2007 recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos e regula os aspectos básicos da utilización das tecnoloxías da información na actividade administrativa, nas relacións entre as administracións públicas, así como nas relacións dos cidadáns con elas, coa finalidade de garantir os seus dereitos, un tratamento común ante elas e a validez e eficacia da actividade administrativa en condicións de seguranza xurídica. Pola súa vez, dispón que as administracións públicas empreguen as tecnoloxías da información consonte a lei, asegurando a dispoñibilidade, o acceso, a integridade, a autenticidade, a confidencialidade e a conservación dos datos, informacións e servizos que xestionen no exercicio das súas competencias.

No ámbito tributario, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, desenvolve no seu artigo 34 a obriga da Administración de informar e asistir aos obrigados tributarios sobre o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas, sinalando que as actuacións da Administración tributaria que requiran a súa intervención deberán levarse a cabo da forma que resulte menos gravosa para estes, sempre que iso non prexudique o cumprimento das súas obrigas tributarias. Do mesmo xeito, no seu artigo 96, comina a Administración tributaria a promover a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias. Así mesmo, cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a Administración tributaria, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exerceren os seus dereitos e cumpriren coas súas obrigas mediante técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos coas

garantías e requisitos previstos en cada procedemento.

De acordo co anterior, é claro que as novas tecnoloxías aplicadas aos procedementos xestores de tributos son un instrumento idóneo para conxugar os principios de eficacia da Administración tributaria e a limitación dos custos indirectos ao contribuínte, e, nesta liña, a presentación telemática de tributos ofrécelles a posibilidade de evitar desprazamentos ás oficinas xestoras ou ás entidades bancarias para a realización do pagamento, así como a presentación dos tributos fóra do horario normal de atención ao público. Ao mesmo tempo, a utilización dos programas que a Administración tributaria implementa para a presentación telemática dos tributos facilita cubrir os modelos, guiando o contribuínte na introdución dos datos, evitando a reiteración destes e ofrecéndolle unha axuda en liña.

Baixo esta óptica, a Consellería de Facenda vén prestando unha especial atención ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para facilitar aos cidadáns o cumprimento voluntario das obrigas tributarias. Desde o ano 2003, en que se estableceu a posibilidade de pagamento e presentación telemáticos do imposto sobre as transmisións de determinados medios de transporte usados entre particulares e da taxa fiscal sobre o xogo realizado mediante máquinas, vén incrementándose de xeito progresivo o número de autoliquidacións presentadas telematicamente. Por outra banda, a experiencia xestora no tratamento dos modelos presentados en papel e os presentados de forma telemática poñen tamén de manifesto as vantaxes desta forma de pagamento e presentación fronte á outra. Considérase, polo tanto, o momento adecuado para seguir profundando na aposta polas novas tecnoloxías no cumprimento das obrigas tributarias, cos conseguintes menores custos indirectos para eles.

Por todo isto, e en uso da facultade atribuída na disposición derradeira primeira do Decreto 29/2000 para ditar cantas disposicións se consideren necesarias para o desenvolvemento e a execución do citado decreto, apróbanse mediante esta orde os modelos en formato papel e en formato electrónico de declaración de alta/modificación do Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, de autoliquidación mensual e de declaración resumo anual do imposto sobre a contaminación atmosférica, e desenvólvense os procedementos de aplicación do imposto.

Así, en virtude do exposto e de acordo co disposto nos artigos 13, 14, 21 e 23 do Decreto 29/2000 e consonte a facultade establecida na disposición derradeira primeira do mesmo decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obriga de presentar declaración de alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

1. Os suxeitos pasivos, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, están obrigados a presentar ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor unha declaración de alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, no modelo aprobado polo artigo 3º, en que consignarán os datos correspondentes ao último ano natural.

2. No suposto de establecemento e posta en marcha dun novo foco emisor, os datos referidos ao ano natural que se consigne na declaración de alta, consistirán en previsións ou estimacións anuais. O prazo para formular e presentar a declaración de alta será dun mes contado desde o día da súa posta en funcionamento.

3. Cando as emisións anuais declaradas superen a contía establecida no artigo 22 do Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica, o foco emisor inscribirase no rexistro. Persistirá a obriga de efectuar nova declaración de alta na forma e prazos sinalados nesta orde para aquel foco emisor non inscrito, cando a súa contaminación efectiva anual supere o referido límite.

Artigo 2º.-Obriga de presentar declaración de modificación no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

1. Os suxeitos pasivos deberán presentar no mes de xaneiro de cada ano natural, ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor, mediante o modelo aprobado polo artigo 3º e na forma sinalada nesta orde, unha declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes que teñan carácter anual, cando sufrisen variacións respecto dos datos inscritos nel.

Considérase que teñen carácter anual os datos declarados relativos a consumos de combustibles, materias primas e produtos en proceso, enerxía consumida, número de días de operación e emisión de substancias contaminantes.

2. Cando sufran variacións o resto de datos consignados no modelo non relacionados no punto anterior, o suxeito pasivo procederá a cumprir a obriga de efectuar a declaración de modificación consonte o punto anterior, mais no prazo dun mes contado desde o día en que se produza a circunstancia modificativa.

3. Os obrigados a presentar autoliquidación mensual e declaración resumo anual non virán obrigados a presentar declaración de modificación no mes de xaneiro se os únicos datos que se modificaron ao longo do ano inmediato anterior foron os datos que teñen carácter anual, de acordo co punto 1 anterior.

4. Tampouco estarán obrigados a presentar declaración os suxeitos pasivos polos focos emisores que non fosen inscritos no rexistro, para os cales durante o ano inmediato anterior, aínda que variasen os datos de emisión de substancias contaminantes, a devandita emisión non superase as 80 t.

5. Os suxeitos pasivos deberán presentar declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes mediante o modelo aprobado polo artigo 3º, ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor, na forma e prazos sinalados nesta orde, sempre que se produza a modificación do suxeito pasivo por calquera operación ou título xurídico.

6. Os suxeitos pasivos deberán presentar declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, mediante o modelo aprobado polo artigo 3º, ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor, na forma e prazos sinalados nesta orde, sempre que se produza o cesamento da actividade.

7. Os suxeitos pasivos, por aqueles focos que non fosen inscritos no rexistro, terán a obriga de presentar ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor unha declaración mediante o modelo aprobado polo artigo 3º, na forma e prazos sinalados nesta orde, no suposto de que a contaminación efectiva durante o ano superase o límite establecido no artigo 22 do Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica.

Artigo 3º.-Aprobación do modelo 004.

1. Apróbase o modelo 004 de declaración de alta/modificación a que se refire o artigo 21 do Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica, para os efectos do Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes e que figura como anexo I desta orde.

O modelo constará de dous exemplares, un exemplar para a Administración e outro exemplar para o interesado.

2. Serán válidas as declaracións asinadas polos declarantes que sexan presentadas nos modelos oficiais en papel ou nos modelos xerados mediante a utilización das aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria nas condicións e de acordo cos procedementos previstos nesta orde.

3. O modelo 004 deberá ser presentado, nos prazos sinalados nesta orde en cada caso, con carácter xeral, en impreso ou, logo da autorización a que se refire o artigo 8º, cando os suxeitos pasivos optasen por isto, por vía telemática a través da internet, empregando as aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde.

Presentado o modelo, a Administración tributaria devolveralle ao interesado o exemplar para este en papel ou en formato electrónico, segundo proceda, debidamente selado.

Artigo 4º.-Obriga de practicar autoliquidación mensual.

1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar durante cada mes natural unha autoliquidación mensual ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor, mediante o modelo que procedese dos aprobados polo artigo 6, na forma e prazos sinalados nesta orde.

2. Non estarán obrigados a presentar as correspondentes autoliquidacións mensuais os suxeitos pasivos por aqueles focos emisores que non superaran as 80 t de emisións anuais das substancias contaminantes gravadas durante o ano inmediato anterior. No entanto, se ao longo do ano se superasen as 100 t emitidas, quedarán obrigados a presentar as oportunas autoliquidacións mensuais desde ese momento, no lugar, forma e prazos sinalados nesta orde.

3. Os suxeitos pasivos titulares de novos focos emisores quedarán obrigados a presentar as correspondentes autoliquidacións mensuais de acordo co sinalado nos parágrafos anteriores a partir da súa posta en funcionamento.

Artigo 5º.-Obriga de practicar declaración resumo anual.

1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar no mes de marzo unha declaración resumo anual, mediante o modelo aprobado polo artigo 7º, ante o Departamento Territorial de Facenda que corresponda territorialmente ao lugar en que estea situado o foco emisor, na forma sinalada nesta orde.

2. Non estarán obrigados a presentar a correspondente declaración resumo anual os suxeitos pasivos por aqueles focos emisores que non superasen as 80 t de emisións anuais das substancias contaminantes gravadas durante o ano inmediato anterior. No entanto, se ao longo do ano se superasen as 100 t emitidas, quedarán obrigados a presentar a oportuna declaración resumo anual de acordo co sinalado no parágrafo anterior.

3. Os suxeitos pasivos titulares de novos focos emisores quedarán obrigados a presentar a correspondente declaración resumo anual de acordo co sinalado nos parágrafos anteriores.

Artigo 6º.-Aprobación dos modelos 002 e 005.

1. Apróbanse os seguintes modelos de autoliquidación:

-Modelo 002. Modelo de autoliquidación mensual do imposto sobre a contaminación atmosférica. Estimación directa, que figura como anexo II desta orde.

-Modelo 005. Modelo de autoliquidación mensual do imposto sobre a contaminación atmosférica. Estimación obxectiva, que figura como anexo III desta orde.

Cada un dos modelos constará de tres exemplares, un exemplar para a Administración, outro para o interesado e un terceiro para a entidade colaboradora autorizada.

2. Serán válidas as autoliquidacións asinadas polos declarantes que sexan presentadas nos modelos oficiais en papel ou nos modelos xerados mediante a utilización das aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria nas condicións e de acordo cos procedementos previstos nesta orde.

3. Os modelos 002 e 005 deberán ser presentados, nos prazos sinalados nesta orde, con carácter xeral, en impreso ou, logo da autorización a que se refire o artigo 8º, cando os suxeitos pasivos optasen por isto, por vía telemática a través da internet, empregando as aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde.

Presentado o modelo correspondente, a Administración tributaria devolveralle ao interesado o exemplar para este en papel ou en formato electrónico, segundo proceda, debidamente selado.

Artigo 7º.-Aprobación do modelo 003.

1. Apróbase o modelo seguinte:

-Modelo 003. Modelo de declaración resumo anual do imposto sobre a contaminación atmosférica, que figura como anexo IV desta orde.

O modelo constará de tres exemplares, un exemplar para a Administración, outro para o interesado e un terceiro para a entidade colaboradora autorizada.

2. Serán válidas as declaracións asinadas polos declarantes que sexan presentadas nos modelos oficiais en papel ou nos modelos xerados mediante a utilización das aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria nas condicións e de acordo cos procedementos previstos nesta orde.

3. O modelo 003 deberá ser presentado, no prazo sinalado nesta orde, con carácter xeral, en impreso ou, logo da autorización a que se refire o artigo 8º, cando os suxeitos pasivos exercesen a opción correspondente, por vía telemática a través da internet, empregando as aplicacións informáticas postas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde.

Presentado o modelo, a Administración tributaria devolveralle ao interesado o exemplar para este en papel ou en formato electrónico, segundo proceda, debidamente selado.

Artigo 8º.-Opción pola presentación e pagamento telemáticos.

1. Poderán empregar as aplicacións informáticas deste imposto os usuarios que se relacionan a seguir, que exercesen a opción por esta modalidade de presentación e pagamento, sempre que fosen previamente autorizados pola dirección xeral competente en materia de tributos:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresarias ou profesionais, que subscribisen coa comunidade autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

2. Entenderase exercida a opción pola tributación telemática no momento da presentación da solicitude de autorización a que se refire o parágrafo seguinte. O exercicio desta opción vinculará para as obrigas tributarias que deba cumprir polo imposto sobre a contaminación atmosférica a partir da notificación da autorización do centro directivo competente en materia de tributos e nos períodos impositivos sucesivos, salvo renuncia expresa. A renuncia deberá ser comunicada ao centro directivo anteriormente sinalado no mes de decembro anterior ao inicio do ano natural en que deba proceder efecto e vinculará para períodos sucesivos.

3. Os usuarios, para poderen empregar as aplicacións informáticas deste imposto, deberán presentar ante a dirección xeral competente en materia de tributos, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo V.

Artigo 9º.-Procedemento para a presentación en impreso da declaración de alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

1. O suxeito pasivo, por cada foco emisor das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, deberá comunicar á Administración tributaria os datos relacionados coa súa actividade que figuran no modelo 004, no lugar e prazos sinalados no artigo 1 desta orde.

2. No bloque 1 do modelo deberá consignar o carácter da declaración, que será alta e a data de efectos, que será a data do inicio da actividade.

3. O bloque 2 do modelo será completado pola Administración.

4. O suxeito pasivo deberá consignar todos os seus datos de identificación, só no caso de que non tivese adherida a súa correspondente etiqueta identificativa.

5. No bloque 3, deberá consignar todos os datos referentes ao foco emisor, agás o código de foco emisor, que deixará en branco e será consignado pola Administración. Os datos que teñen carácter anual serán os correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que se deberán consignar as previsións anuais.

6. No bloque 4 deberá consignar as cantidades consumidas de combustibles empregados no proceso produtivo correspondentes ao ano inmediato anterior, medidas en toneladas métricas (t), agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que deberá consignar as cantidades anuais previstas.

Nos supostos en que os combustibles consumidos no ano sexan varios, consignaranse, de ser o caso, os catro máis importantes cuantitativamente de cada unha das categorías que figuran no modelo (fluídos e non fluídos).

Nos totais correspondentes aos combustibles consignarase a cantidade total dos combustibles consumidos no ano, incluídos aqueles que non figurasen relacionados no modelo, cando fosen máis de catro. Calcularase a relación existente entre o total de combustibles fluídos e non fluídos sobre o total de combustibles consumidos no ano, computando o resultado en tanto por cento, arredondando por exceso ou por defecto ao número enteiro máis próximo, de xeito que a suma das dúas porcentaxes sexa 100.

Para cada un dos combustibles relacionados no modelo consignarase a súa potencia térmica nominal medida en megawatios térmicos (MWth), os coeficientes X (peso de xofre no combustible en tanto por un), Y (peso de cinzas no combustible en tanto por un) e Z (peso de xofre nas cinzas en tanto por un), e o poder calorífico superior do combustible (PCS) medido en megajoules por quilogramo (MJ/kg).

7. No bloque 5 consignaranse as cantidades anuais de materias primas consumidas no proceso produtivo medidas en toneladas métricas (t), correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que deberá consignar as cantidades anuais previstas.

Nos supostos en que as materias primas consumidas no ano sexan varias, consignaranse, de ser o caso, as catro máis importantes cuantitativamente.

8. No bloque 6 consignaranse as cantidades anuais de produtos en proceso do proceso produtivo correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que deberá consignar as cantidades anuais previstas.

Nos supostos en que os produtos en proceso no ano sexan varios, consignaranse, de ser o caso, os catro máis importantes cuantitativamente.

9. Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración asignaralle un número de código de foco emisor, composto por cinco caracteres numéricos, que lle será notificado ao suxeito pasivo, ben no mesmo momento mediante a devolución do exemplar para o interesado debidamente selado e co número de código sobreimpreso, ou ben nun momento posterior á devolución do exemplar para o interesado. O código de foco emisor deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Administración tributaria na aplicación deste imposto. Cando o dato de emisións anuais superare o límite regulamentario, a asignación do código de foco emisor suporá a inscrición no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

Artigo 10º.-Procedemento telemático para a realización da declaración de alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

1. O suxeito pasivo, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica polo que exercese a opción da tributación telemática, deberá comunicar á Administración tributaria os datos relacionados coa súa actividade que figuran no modelo 004, consonte o sinalado no artigo 1º desta orde.

Para realizar esta declaración empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria.

2. O carácter da declaración será alta e a data de efectos será a data do inicio da actividade.

3. No punto de suxeito pasivo cargaranse os datos do certificado dixital, podendo modificar o enderezo do certificado dixital por un enderezo para os efectos de notificacións, sempre que a tivese previamente dada de alta na Oficina Virtual Tributaria.

4. No bloque Datos foco emisor, deberá consignar todos os datos requiridos referentes ao foco emisor. Os datos que teñen carácter anual serán os correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que se deberán consignar as previsións anuais.

5. No bloque Consumos anuais de combustibles, deberá consignar as cantidades consumidas de combustibles empregados no proceso produtivo medidas en toneladas métricas (t), correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que deberá consignar as cantidades anuais previstas.

Nos supostos en que os combustibles consumidos no ano sexan varios, consignaranse, de ser o caso, os catro máis importantes cuantitativamente de cada unha das categorías que figuran no modelo (fluídos e non fluídos).

Para cada un dos combustibles relacionados no modelo consignarase a súa potencia térmica nominal medida en megawatios térmicos (MWth), os coeficientes X (peso de xofre no combustible en tanto por un), Y (peso de cinzas no combustible en tanto por un) e Z (peso de xofre nas cinzas en tanto por un), e o poder calorífico superior do combustible (PCS) medido en megajoules por quilogramo (MJ/kg).

A aplicación informática totalizará os consumos dos combustibles segundo os datos declarados. No entanto, no caso de que só se consignasen catro deles e se empregasen máis de catro, deberase modificar o dato dos consumos totais de combustibles para consignar o total das toneladas métricas (t) de todos eles.

A aplicación calcularalle a porcentaxe que supoñen os consumos de combustibles fluídos e non fluídos sobre a totalidade dos combustibles consumidos.

6. Nos bloques Consumos anuais de materias primas e Produtos en proceso, consignaranse os datos correspondentes ao ano inmediato anterior, agás que se trate dunha declaración de alta dun novo foco emisor, caso en que se deberán consignar as cantidades anuais previstas. No caso de que no proceso produtivo se consumisen máis de catro materias primas ou máis de catro produtos en proceso, consignaranse os catro máis importantes cuantitativamente.

7. Unha vez consignados todos os datos requiridos, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación telemática, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

8. Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla:

-Un código de identificación formado por cinco caracteres numéricos, que deberá ser empregado polo suxeito pasivo en todas as actuacións que teña coa Administración tributaria na aplicación deste imposto. Cando o dato de emisións anuais superase o límite regulamentario, a asignación do código de foco emisor suporá a inscrición no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

-O modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados e co código de identificación a que se refire o punto anterior, e validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de alta na data sinalada no propio modelo.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

9. O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Artigo 11º.-Procedemento para a presentación en impreso da declaración de modificación dos datos do foco emisor.

1. Con carácter xeral, o suxeito pasivo que teña a obriga de presentar declaración de modificación no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes consonte o artigo 2º desta orde, deberá presentala mediante o modelo 004, por cada foco emisor das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, no lugar e prazos sinalados nese artigo e consonte co procedemento sinalado a seguir, segundo proceda.

2. Cando o suxeito pasivo teña que presentar declaración de modificación como consecuencia do sinalado no punto 1 do artigo 2º, o carácter da declaración será modificación e a data de efectos que se consignará será a do último día do ano natural a que se refiran os datos declarados.

Os únicos datos que deberá consignar no modelo serán os identificativos do suxeito pasivo, salvo que empregase a súa correspondente etiqueta identificativa, o código de foco emisor e mais os datos que sufrisen variación, deixando todos os demais en branco.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado e os datos comunicados incorporaranse ao rexistro.

3. Cando o suxeito pasivo teña que presentar declaración de modificación como consecuencia do sinalado no punto 2 do artigo 2º, o carácter da declaración será modificación e a data de efectos que se consignará será a do día en que se producise a modificación dos datos declarados.

O procedemento que se seguirá será o sinalado no parágrafo anterior.

4. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 5 do artigo 2º, quen fose o suxeito pasivo con anterioridade á modificación deberá, con carácter xeral, comunicar á Administración tributaria, mediante o modelo 004, unha baixa por modificación do suxeito pasivo, identificando o novo suxeito pasivo, e este último deberá, con carácter xeral, presentar unha declaración de alta por modificación do suxeito pasivo, consonte co procedemento sinalado nos puntos 5, 6 e 7 seguintes.

5. Quen fose suxeito pasivo con anterioridade á modificación, deberá comunicar a baixa por cambio de suxeito pasivo no prazo máximo dun mes desde a data en que se realizase aquela, xuntando a correspondente xustificación documental. O carácter da declaración será baixa por cambio de suxeito pasivo e a data de efectos será a da operación ou título xurídico causante.

Os únicos datos que deberá consignar no modelo serán os identificativos do suxeito pasivo, salvo que empregase a súa correspondente etiqueta identificativa, o código de foco emisor e o NIF do novo suxeito pasivo, deixando todos os demais en branco.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado, o que determinará a baixa provisoria do suxeito pasivo inicial respecto ao foco emisor rexistrado.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á baixa definitiva do suxeito pasivo inicial respecto ao foco emisor rexistrado.

6. O novo suxeito pasivo deberá comunicar á Administración tributaria a alta por cambio de suxeito pasivo no mesmo prazo sinalado no punto anterior, xuntando a correspondente xustificación documental. O carácter da declaración será alta por cambio de suxeito pasivo, a data de efectos será a do día seguinte ao día da operación ou título xurídico causante e deberase consignar o NIF do suxeito pasivo anterior.

O suxeito pasivo deberá cubrir todos os datos que figuran no modelo, consonte o sinalado no artigo 9º desta orde.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado, o que determinará a alta provisoria do suxeito pasivo respecto ao foco emisor rexistrado.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á alta definitiva do suxeito pasivo respecto ao foco emisor rexistrado.

Cando o novo suxeito pasivo estiver autorizado para a presentación e pagamento telemáticos do imposto e queira empregar a Oficina Virtual Tributaria para este novo foco emisor, deberá facelo constar así á Administración tributaria a xuntar datos do foco emisor consonte coa ficha contida no anexo V.

7. Sen prexuízo das consecuencias que deriven do incumprimento das obrigas sinaladas nos puntos anteriores, a Administración tributaria poderá dar de baixa quen fose suxeito pasivo con anterioridade á operación que determinase o cambio de suxeito pasivo, de oficio ou a solicitude do novo suxeito pasivo e logo de xustificación documental. Igualmente, a Administración tributaria poderá dar de alta de oficio o novo suxeito pasivo.

8. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 6 do artigo 2º, o suxeito pasivo deberá, no prazo máximo de dez días naturais contados desde a finalización do prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao mes natural en que se producise o cesamento da actividade, presentar o modelo 004 para comunicar o cesamento da actividade, xunto á xustificación documental correspondente. O carácter da declaración será modificación por cesamento de actividade e a data de efectos será a do cesamento da actividade.

Os únicos datos que deberá consignar no modelo serán os identificativos do suxeito pasivo, salvo que empregase a súa correspondente etiqueta identificativa, e o código de foco emisor, deixando todos os demais en branco.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado, o que determinará a baixa provisoria do foco emisor rexistrado.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á baixa definitiva do foco emisor rexistrado.

9. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 7 do artigo 2º e as emisións superen o límite do artigo 22 do Regulamento do imposto pero non supoñan a obriga de presentar autoliquidación mensual e declaración resumo, o suxeito pasivo deberá presentar no mes de xaneiro seguinte o modelo 004, consonte o sinalado a seguir. O carácter da declaración será modificación e a data de efectos será a do último día do ano natural en que se producise a superación do límite.

O suxeito pasivo deberá consignar todos os datos que figuran no modelo, consonte co sinalado no artigo 9º desta orde. Os datos que se consignarán serán os correspondentes ao ano natural en que se producise a superación do límite.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado, o que determinará a alta do foco emisor no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

10. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 7 do artigo 2º e a superación do límite a que se refire o artigo 22 do Regulamento do imposto supoña a obriga de presentar autoliquidación mensual e declaración-resumo, o suxeito pasivo deberá presentar o modelo 004 no mesmo prazo de presentación da autoliquidación mensual e con carácter previo a ela. O carácter da declaración será modificación e a data de efectos será o último día do mes natural en que se producise a superación do límite regulamentario.

O suxeito pasivo deberá cubrir todos os datos que figuran no modelo, consonte o sinalado no artigo 9º desta orde. Os datos que se consignarán serán os correspondentes ao ano natural inmediato anterior á data en que se superou o límite, agás polo que se refire aos datos das emisións, que serán os correspondentes ás emisións acumuladas desde o principio do ano en curso ata o fin do mes en que se produciu a superación do límite.

Presentada a declaración datada e asinada polo suxeito pasivo, a Administración tributaria devolveralle o exemplar para o interesado debidamente selado, o que determinará a alta do foco emisor no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

Artigo 12º.-Procedemento telemático para a presentación da declaración de modificación dos datos do foco emisor.

1. O suxeito pasivo, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica polo que exercese a opción da tributación telemática, deberá presentar telematicamente, salvo que exercese a renuncia consonte o artigo 8º desta orde, declaración de modificación no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, cando se desen as circunstancias sinaladas no artigo 2º desta orde, mediante o modelo 004, no lugar e prazos sinalados nese artigo e consonte o procedemento sinalado a seguir, segundo proceda.

Para realizar esta declaración empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria.

2. Cando o suxeito pasivo teña que presentar declaración de modificación como consecuencia do sinalado no punto 1 do artigo 2º, o carácter da declaración será modificación e a data de efectos que se consignará será a do último día do ano natural a que se refiran os datos declarados.

No punto suxeito pasivo cargaranse os datos do certificado dixital, podendo modificar o enderezo do certificado dixital por un enderezo para efectos de notificacións, sempre que a tivese previamente dada de alta na Oficina Virtual Tributaria.

Cando o suxeito pasivo elixa o código de foco emisor, cargaranse todos os seus datos inscritos no rexistro. O suxeito pasivo procederá a modificar só aqueles datos que sufrisen variación.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. Os datos así comunicados incorporaranse ao rexistro.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

3. Cando o suxeito pasivo teña que presentar declaración de modificación como consecuencia do sinalado no punto 2 do artigo 2º, o carácter da declaración será modificación e a data de efectos que se consignará será a do día en que se producise a modificación dos datos declarados.

O procedemento a seguir será o sinalado no punto anterior.

4. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 5 do artigo 2º, quen fose o suxeito pasivo con anterioridade á modificación deberá, con carácter xeral, comunicar á Administración tributaria, mediante o modelo 004, unha baixa por modificación do suxeito pasivo, identificando o novo suxeito pasivo, e este último deberá, con carácter xeral, presentar unha declaración de alta por modificación do suxeito pasivo, consonte o procedemento sinalado nos puntos 5, 6 e 7 seguintes.

5. Quen fose suxeito pasivo con anterioridade á modificación, deberá comunicar a baixa por cambio de suxeito pasivo no prazo máximo dun mes desde a data en que se realizase aquela.

O suxeito pasivo elixirá o código de foco emisor para o cal pretenda facer a declaración.

O carácter da declaración será baixa por cambio de suxeito pasivo, a data de efectos será a da operación ou título xurídico causante e deberase consignar o NIF do novo suxeito pasivo.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. A aceptación da declaración determinará a baixa provisoria do suxeito pasivo inicial respecto ao foco emisor rexistrado.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O suxeito pasivo deberá presentar a xustificación documental da operación ou título xurídico que dese lugar ao cambio de suxeito pasivo, ante a Administración tributaria no prazo máximo de 5 días desde a aceptación da declaración pola aplicación informática.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á baixa definitiva do suxeito pasivo inicial respecto ao foco emisor rexistrado.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

6. O novo suxeito pasivo deberá comunicar á Administración tributaria a alta por cambio de suxeito pasivo no mesmo prazo sinalado no punto anterior, mais con posterioridade a comunicación a que se refire o punto anterior.

No caso de ser aceptada a comunicación a que se refire o punto 5 anterior e sempre que o novo suxeito pasivo exercese a opción pola tributación telemática, ao acceder á aplicación informática na Oficina Virtual Tributaria cargaranse os datos identificativos do certificado dixital.

O carácter da declaración será alta por cambio de suxeito pasivo, a data de efectos será a do día seguinte ao día da operación ou título xurídico causante e deberase consignar o NIF do suxeito pasivo anterior.

Deberá elixir o código de foco emisor para o que sexa novo suxeito pasivo e deberá cubrir todos os datos que figuran no modelo, consonte o sinalado no artigo 9º desta orde.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. A aceptación da declaración determinará a alta provisoria do novo suxeito pasivo respecto ao foco emisor rexistrado no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, momento a partir do cal o novo suxeito pasivo poderá realizar calquera operación co respecto a ese foco emisor a través das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O suxeito pasivo deberá presentar a xustificación documental da operación ou título xurídico que dese lugar ao cambio de suxeito pasivo ante a Administración tributaria, no prazo máximo de 5 días desde a aceptación da declaración pola aplicación informática.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á alta definitiva do novo suxeito pasivo respecto ao foco emisor rexistrado.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Cando o novo suxeito pasivo non exercese a opción pola tributación telemática, deberá proceder do xeito sinalado no punto 6 do artigo anterior.

7. Sen prexuízo das consecuencias que derivasen do incumprimento das obrigas sinaladas nos puntos anteriores, a Administración tributaria poderá dar de baixa quen fose suxeito pasivo con anterioridade á operación ou título xurídico que determinase o cambio de suxeito pasivo, de oficio ou á solicitude do novo suxeito pasivo e logo de xustificación documental. Igualmente, a Administración tributaria poderá dar de alta de oficio o novo suxeito pasivo.

8. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 6 do artigo 2º, o suxeito pasivo deberá, no prazo máximo de dez días naturais contados desde a finalización do prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao mes natural en que se producise o cesamento da actividade, presentar o modelo 004 para comunicar o cesamento da actividade.

No punto do suxeito pasivo cargaranse os datos do certificado dixital, podendo modificar o enderezo do certificado dixital por un enderezo para efectos de notificacións, sempre que a tivese previamente dada de alta na Oficina Virtual Tributaria.

O suxeito pasivo deberá elixir o código de foco emisor. O carácter da declaración será modificación por cesamento de actividade e a data de efectos será a do cesamento da actividade.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. A aceptación da declaración determinará a baixa provisoria do foco emisor rexistrado.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O suxeito pasivo deberá presentar a xustificación documental do cesamento da actividade ante a Administración tributaria no prazo máximo de 5 días desde a aceptación da declaración pola aplicación informática.

Verificada pola Administración a documentación presentada, procederase á baixa definitiva do foco emisor rexistrado.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Sen prexuízo das consecuencias que derivasen do incumprimento das obrigas neste artigo sinaladas, a Administración tributaria poderá, de oficio, dar de baixa os focos emisores rexistrados que tivesen cesado na súa actividade.

9. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 7 do artigo 2º e as emisións superen o límite do artigo 22 do Regulamento do imposto pero non supoñan a obriga de presentar autoliquidación mensual e declaración resumo, o suxeito pasivo deberá presentar no mes de xaneiro seguinte, o modelo 004, consonte o sinalado a seguir.

O carácter da declaración será modificación e a data de efectos será a do último día do ano natural en que se producise a superación do límite.

O suxeito pasivo deberá cubrir todos os datos que figuran no modelo, consonte o sinalado no artigo 9º desta orde. Os datos que se consignarán serán os correspondentes ao ano natural en que se producise a superación do límite.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. A aceptación da declaración determinará a alta do foco emisor no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

10. Cando o motivo da presentación da declaración de modificación sexa a circunstancia sinalada no punto 7 do artigo 2º e a superación do límite a que se refire o artigo 22 do Regulamento do imposto supoña a obriga de presentar autoliquidación mensual e declaración resumo, o suxeito pasivo deberá presentar o modelo 004 no mesmo prazo de presentación da autoliquidación mensual e con carácter previo a ela.

O carácter da declaración será modificación e a data de efectos será o último día do mes natural en que se producise a superación do límite regulamentario.

O suxeito pasivo deberá cubrir todos os datos que figuran no modelo, consonte o sinalado no artigo 9 desta orde. Os datos que se consignarán serán os correspondentes ao ano natural inmediato anterior á data en que se superou o límite, agás polo que se refire aos datos das emisións que serán os correspondentes ás emisións acumuladas desde o principio do ano en curso ata o fin do mes en que se produciu a superación do límite.

A declaración deberá ser presentada telematicamente polo suxeito pasivo, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

Se a declaración é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 004 debidamente cuberto cos datos declarados, validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. A aceptación da declaración determinará a alta do foco emisor no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, momento a partir do cal o suxeito pasivo poderá realizar calquera operación co respecto a ese foco emisor a través das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

O usuario deberá imprimir e conservar a declaración aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Artigo 13º.-Procedemento de autoliquidación mensual en impreso.

1. O suxeito pasivo deberá practicar cada mes natural a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano en curso ata o fin do mes inmediato anterior.

Durante o mes de xaneiro formularase a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano inmediato anterior ata o fin do mes de decembro.

2. Da cifra resultante da operación sinalada no punto anterior, deberá descontar as cotas tributarias a ingresar das autoliquidacións mensuais presentadas con anterioridade correspondentes ao ano a que se refira a autoliquidación.

3. O importe que resulte da operación anterior deberá ser ingresado en calquera oficina das entidades de depósito autorizadas como colaboradoras na xestión recadatoria, que lle devolverá os exemplares correspondentes á Administración e ao interesado debidamente validados, ou ben marcar na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda.

Neste último caso, o suxeito pasivo deberá presentar unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación, e sen que poida entenderse presentada aquela coa presentación do impreso da autoliquidación.

4. O suxeito pasivo procederá á presentación dos exemplares para a Administración e para o interesado debidamente selados, de ser o caso, pola entidade de depósito, ante a Administración tributaria, que lle devolverá co selo correspondente o exemplar para o interesado, como xustificante da súa presentación e, de ser o caso, do ingreso do importe sinalado nel.

5. Estas obrigas deberán realizarse no prazo sinalado no apartado 1 anterior.

Artigo 14º.-Procedemento de declaración resumo anual en impreso.

1. O suxeito pasivo deberá practicar no modelo 003 a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano inmediato anterior.

2. Da cifra resultante da operación sinalada no punto anterior, deberá descontar as cotas tributarias que debe ingresar das autoliquidacións mensuais do ano a que se refire o modelo 003, que fosen presentadas con anterioridade.

3. No caso de que a cota que se debe ingresar sexa positiva e, sen prexuízo do sinalado no punto seguinte, o importe deberá ser ingresado en calquera oficina das entidades de depósito autorizadas como colaboradoras na xestión recadatoria, que lle devolverá os exemplares correspondentes á Administración e ao interesado debidamente validados. O suxeito pasivo procederá á presentación destes ante a Administración tributaria, que lle devolverá co selo correspondente o exemplar para o interesado, como xustificante da súa presentación e, de ser o caso, do ingreso do importe sinalado nel.

4. No caso de que a cota que se debe ingresar sexa positiva e se marcase no modelo 003 a casa de aprazamento ou fraccionamento da débeda, o suxeito pasivo procederá á presentación dos exemplares correspondentes á Administración e ao interesado ante a Administración tributaria, que lle devolverá co selo correspondente o exemplar para o interesado, como xustificante da súa presentación. Ademais, o suxeito pasivo deberá presentar unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación, e sen que poida entenderse presentada aquela coa presentación do propio modelo 003.

5. No caso de que a cota que se debe ingresar sexa cero, o suxeito pasivo procederá á presentación dos exemplares correspondentes á Administración e ao interesado ante a Administración tributaria, que lle devolverá co selo correspondente o exemplar para o interesado, como xustificante da súa presentación.

6. No caso de que a cota que se debe ingresar sexa negativa, o suxeito pasivo procederá á presentación dos exemplares correspondentes á Administración e ao interesado ante a Administración tributaria, que lle devolverá co selo correspondente o exemplar para o interesado, como xustificante da súa presentación. Ademais, o suxeito pasivo deberá presentar unha solicitude expresa de rectificación da autoliquidación ou autoliquidacións que prexudicasen de calquera modo os seus intereses lexítimos, identificándoas de maneira fidedigna e sen que poida entenderse presentada aquela coa presentación do propio modelo 003.

7. Estas obrigas deberán realizarse no prazo sinalado no punto 1 anterior.

Artigo 15º.-Procedemento telemático para a realización da autoliquidación mensual, o pagamento da débeda tributaria e a súa presentación.

1. O suxeito pasivo que exercese a opción pola tributación telemática deberá, cada mes natural, ingresar e presentar telematicamente o modelo 002 ou 005, segundo proceda, no cal practicará a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano en curso ata o fin do mes inmediato anterior. Durante o mes de xaneiro formularase a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano inmediato anterior ata o fin do mes de decembro.

Para isto empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, debendo estar previamente identificado co código de foco emisor.

2. O suxeito pasivo elixirá o código de foco emisor para o que pretenda facer a declaración, e o tipo de autoliquidación que vai presentar, segundo o tipo de determinación da base impoñible, entre estimación directa (modelo 002) ou obxectiva (modelo 005). Así mesmo, deberá sinalar o devengo.

3. Da cifra resultante da operación sinalada no punto 1 anterior, deberá descontar as cotas tributarias que debe ingresar das autoliquidacións mensuais presentadas con anterioridade correspondentes ao ano a que se refira a autoliquidación. A aplicación informática calcularalle por diferenza a cota íntegra que ten que ingresar.

4. O suxeito pasivo deberá realizar o pagamento da cantidade resultante da operación anterior de calquera dos modos sinalados no número seguinte, ou ben marcar na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda. Neste último caso, deberá presentarse ante o departamento territorial correspondente unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación, e sen que poida entenderse presentada aquela coa presentación telemática da autoliquidación.

5. Os usuarios poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:

a) Mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o cobramento de autoliquidacións presentadas telematicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.

b) Mediante pagamento telemático. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da consellería competente en materia de facenda e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o pagamento telemático. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC, así como o recibo a que se refire o número 2 do artigo 17º.

6. O número de referencia completo (NRC) a que se refire o número anterior é un código xerado informaticamente pola entidade de depósito mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: posicións 01-13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola Oficina Virtual Tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo VI a esta orde.

7. A xeración do NRC pola entidade de depósito implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade de depósito que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación incorporada na carta de pagamento e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste, queda a entidade de depósito obrigada fronte á Facenda da comunidade autónoma polo importe que figura na devandita carta de pagamento, quedando o contribuínte liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda.

8. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade de depósito, debendo presentar o suxeito pasivo, de ser o caso, ante a Administración tributaria, as correspondentes solicitudes de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentadas. Pola súa parte, a entidade de depósito deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

9. Unha vez realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento ou fraccionamento, para concluír co proceso o usuario deberá proceder á presentación da autoliquidación telematicamente, de xeito que transmitirá os datos da autoliquidación coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

10. Se a presentación telemática é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 002 ou 005, segundo proceda, debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao ingreso realizado, de ser o caso, e validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e do seu pagamento, de ser o caso.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

11. O usuario deberá imprimir a autoliquidación aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Artigo 16º.-Procedemento telemático para a realización da declaración-resumo, o pagamento da débeda tributaria e a súa presentación.

1. O suxeito pasivo que exercese a opción pola tributación telemática deberá practicar no modelo 003 a autoliquidación da cota tributaria resultante de aplicar o tipo de gravame vixente á base impoñible acumulada correspondente ao ano inmediato anterior.

Para isto empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma e Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, debendo estar previamente identificado co código de foco emisor.

2. O suxeito pasivo elixirá o código de foco emisor para o cal pretenda facer a declaración e o tipo de autoliquidación que vai presentar, segundo o tipo de determinación da base impoñible, entre estimación directa ou obxectiva. Así mesmo, deberá sinalar o período impositivo a que se refire a declaración resumo.

3. Da cifra resultante da operación sinalada no punto 1 anterior, deberá descontar as cotas tributarias para ingresar das autoliquidacións mensuais do ano a que se refire o modelo 003, que fosen presentadas con anterioridade.

4. No caso de que a cota que se debe ingresar sexa positiva, o importe deberá ser ingresado ou ben marcar na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda, consonte o establecido no punto 4 do artigo anterior.

5. Unha vez realizado o pagamento da débeda ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento ou fraccionamento, ou no caso de que a cota que se debe ingresar sexa cero, para concluír co proceso o usuario deberá proceder á presentación da autoliquidación telematicamente, de xeito que transmitirá os datos da autoliquidación coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

6. Se a presentación telemática é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 003 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao ingreso realizado, de ser o caso, e validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e do seu pagamento, de ser o caso.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados.

Neste caso, o usuario deberá proceder a corrixilos mediante a aplicación informática ou repetindo a presentación se o erro fose orixinado por outro motivo.

7. O usuario deberá imprimir a autoliquidación aceptada e validada co correspondente código seguro de verificación.

Artigo 17º.-Xustificantes de pagamento e de presentación de autoliquidacións presentadas de forma telemática.

1. Unha vez que o contribuínte opte polo pagamento da autoliquidación de forma presencial na entidade colaboradora autorizada, a aplicación informática xerará dúas copias da carta de pagamento a que se refire o artigo 15.5 a) desta orde debidamente cubertas cos datos que o suxeito pasivo facilitase na aplicación informática. Co devandito documento acudirase á entidade colaboradora autorizada, para a realización do pagamento, a cal quedará co exemplar para a entidade colaboradora autorizada e devolverá ao contribuínte o exemplar para o interesado co selo da entidade, data do ingreso, número e importe, así como co NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se se opta polo pagamento telemático, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o recibo de cargo en conta que o contribuínte deberá imprimir e conservar, no cal se identificará o número da conta que realiza o pagamento, data do ingreso, importe, NIF e nome do contribuínte así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación da autoliquidación do imposto e a súa data acreditarase mediante a impresión do documento (modelo 002, 005 ou 003) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da liquidación e, de ser o caso, do ingreso. Ademais xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada telematicamente coa impresa polo contribuínte.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos parágrafos anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia sinalados no Regulamento xeral de recadación. Os suxeitos pasivos deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso, bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3 anterior. No caso de solicitar aprazamento ou fraccionamento, será necesario, ademais, o xustificante da presentación da solicitude de aprazamento ou fraccionamento.

Disposicións adicionais

Primeira.-Excepcionalidade ao cumprimento das obrigas tributarias de xeito telemático.

De xeito excepcional e cando circunstancias extraordinarias así o aconsellen, logo de petición do interesado debidamente xustificada, a dirección xeral competente en materia de tributos, valoradas as razóns aducidas polo interesado e a documentación e as probas presentadas por el para xustificar a súa demanda, poderá exceptuar a aquel da obrigatoriedade de empregar os medios telemáticos para o cumprimento das obrigas tributarias reguladas nesta orde cando exercese a opción da tributación telemática e pretenda renunciar á dita opción con anterioridade ao prazo sinalado nesta orde. A resolución fixará o alcance temporal da excepcionalidade e a forma e as condicións en que deberá facer efectivas as obrigas tributarias, sen prexuízo das consecuencias que derivaren consonte a normativa tributaria no caso de incumprimentos das normas.

Segunda.-Adhesión e autorización de entidades de depósito colaboradoras.

As entidades de depósito que estiveren autorizadas para o pagamento telemático doutros tributos xestionados pola consellería competente en materia de facenda quedarán adheridas ao pagamento telemático do imposto sobre a contaminación atmosférica sen necesidade de solicitalo á dirección xeral competente na materia.

Terceira.-Conservación de soportes informáticos.

No suposto de pagamento telemático das autoliquidacións referidas ao imposto sobre a contaminación atmosférica, a entidade de depósito autorizada, colaboradora na xestión recadatoria, que xerase o correspondente NRC xustificante deste, conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC.

Cuarta.-Confidencialidade e representación.

Os profesionais colexiados, así como as entidades, institucións ou organizacións representativas de sectores sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais a que o suxeito pasivo solicitase a colaboración para a presentación telemática deste tributo, deberán posuír a representación nos termos establecidos no artigo 46 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A Administración poderá requirir destes, en calquera momento, a acreditación da devandita representación.

A falta de representación suficiente das persoas en nome das cales se presentase a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades que sexan procedentes.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os suxeitos pasivos que exerzan a opción da tributación telemática non deberán proceder a presentar telematicamente declaración de alta no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, por aqueles focos emisores que no momento da solicitude xa estean dados de alta no rexistro, ou que, sen estaren inscritos, xa teñan asignado código de foco emisor, debendo comunicar na solicitude de autorización a que se refire o anexo V, mediante a ficha de datos, os correspondentes ao último ano pechado.

Segunda.-Os modelos 004, 002, 005 e 003 aprobados pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 27 de novembro de 2001, pola que se desenvolve o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica e se aproban os diferentes modelos de declaración e de declaración liquidación, así como os documentos de ingreso en euros que se utilizarán para a xestión de tributos propios e cedidos na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán seguir sendo empregados polos suxeitos pasivos para a presentación en impreso, adaptando a estrutura do tipo de gravame á vixente en cada momento.

Disposición derrogatoria

Única.-Queda derrogada a Orde do 27 de novembro de 2001 pola que se desenvolve o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica e se aproban os diferentes modelos de declaración e de declaración liquidación, así coma os documentos de ingreso en euros que se utilizarán para a xestión de tributos propios e cedidos na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das súas disposicións adicional décimo primeiro e transitoria terceira, que continúan tendo vigor.

Disposición derradeira

Única.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2009.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "15900D001P007.PDF"

ANEXO V

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o exercicio telemático das obrigas tributarias do imposto sobre a contaminación atmosférica

D/Dª.................................... co NIF ...................... como titular/ representante de .............................., co NIF ......................................................, suxeito pasivo do imposto sobre a contaminación atmosférica .............................................., co nº de código de foco emisor .................

SOLICITO:

Autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para:

-A presentación da declaración de alta/modificación no Rexistro de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, o pagamento telemático e a presentación telemática das autoliquidacións do imposto sobre a contaminación atmosférica, con suxeición ao establecido na normativa vixente.

......................, ........ de...................... de .......

Asdo.:

Ver referencia pdf "15900D001P007.PDF"

Ficha de datos de cada foco emisor

(correspondentes ao último exercicio pechado)

Potencia instalada (MW)

Enerxía consumida (MWh)

Nº días operación

Emisións NOx (t)

Emisións SOx (t)

Consumos combustibles: poñer como máximo os catro máis importantes de cada tipo de combustible (fluído ou non): nome, potencia térmica nominal (MWth), consumos (t), x, y e z (en tanto por un) e PCS (MJ/kg). Total de combustibles fluídos consumidos ao ano e total de combustibles non fluídos consumidos ao ano (todos eles, non só os catro máis importantes).

Materias primas: nome e toneladas consumidas.

Produtos en proceso: nome e toneladas consumidas.

ANEXO VI

Normas técnicas para a xeración do NRC

A entidade de depósito xerará o NRC (número de referencia completo) segundo a segunda norma técnica do anexo 1 da orde do Ministerio de Facenda do 28 de decembro de 2000 (BOE do 3 de xaneiro de 2001), correspondente á xeración de NRC para documentos de ingreso expedidos polas oficinas tributarias. O NRC xerarase a partir dun rexistro de 48 carácteres codificados en EBCDIC:

*MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante, sendo

-MMMNNNNNNNNND (13): número de xustificante asignado pola Oficina Virtual Tributaria.

-C (1): carácter de control calculado polo banco, utilizando o mesmo algoritmo especificado na citada orde. A Oficina Tributaria facilitará á entidade colaboradora autorizada o algoritmo para o cálculo deste carácter de control.

*XXXXXXXXX (9): NIF do debedor.

*NNNNNNNNNNNNN (13): importe de cargo.

*AAAAMMDD (8): data de cargo.

*XXXX (4): código de Banco de España da entidade.

O número de referencia completo (NRC) resultante terá 22 posicións:

*MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante (o mesmo que o especificado enriba).

XXXXXXXX (8): caracteres de control resultantes de aplicar unha función MAC 4 do algoritmo DES (segundo norma X9.91) aos datos anteriores (48 carácteres) utilizando a clave privada do banco. Esta función xerará 8 carácteres de control; é dicir, a sinatura.