DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 12 de agosto de 2009 Páx. 13.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2009, polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque de tecnoloxía alimentaria de Mougás-Oia (Pontevedra) promovido por Insuiña, S.L.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 30 de xullo de 2009, relativo á aprobación definitiva dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, resulta necesario dar publicidade ao mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal,

RESOLVO:

1. Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 30 de xullo de 2009, que a continuación se transcribe:

«Aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal Proxecto sectorial do parque de tecnoloxía alimentaria de Mougás, Oia-Pontevedra. Documento refundido de acordo co Plan galego de acuicultura e informe previo de aprobación definitiva do 21-7-2009. Xullo 2009 promovido por Insuiña, S.L., para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia».

2. Este proxecto sectorial entrará en vigor o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2009.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños