DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 11 de agosto de 2009 Páx. 13.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai pública a concesión dunha bolsa de formación en planificación e prospectiva en materia de igualdade de oportunidades no ámbito da ciencia, convocada pola Orde do 27 de febreiro de 2009.

A orde da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar do 27 de febreiro de 2009 (DOG do 18 de marzo) aproba as bases reguladoras e procede á convocatoria pública para a concesión dunha bolsa de formación en planificación e prospectiva en materia de igualdade de oportunidades no ámbito da ciencia.

Na súa virtude, e tendo en conta a proposta da comisión de valoración prevista no artigo 9 das bases da convocatoria, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dos datos da persoa beneficiaria da bolsa, os cales se achegan en anexo.

Segundo.-No caso de producirse a renuncia da persoa beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 10 da orde de convocatoria, adxudicarase a bolsa á/ao candidata/o que corresponda, segundo a orde de puntuación, das/dos que figuran na listaxe de reserva incluída no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2009.

Marta González Vázquez

Secretaria xeral da Igualdade

Ver referencia pdf "15600D001P006.PDF"