DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 06 de agosto de 2009 Páx. 13.191

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 364/2009, do 30 de xullo, polo que se modifica o Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

A estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos seus departamentos foi aprobada polos decretos 79/2009, do 19 de abril, e 83/2009, do 21 de abril, respectivamente, e os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia establecéronse mediante o Decreto 82/2009, do 21 de abril.

As consellerías e centros directivos que posúen competencias en materia de telecomunicacións e audiovisual deben estar axeitadas e correctamente referenciadas nas disposicións que regulan a composición do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

Por iso e con esa finalidade, faise necesaria e aconsellable a modificación do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia (DOG nº 211, do 2 de novembro), que xa se modificara polo Decreto 326/2003, do 24 de xullo (DOG nº 149, do 4 de agosto) e polo Decreto 592/2005, do 20 de decembro (DOG nº 7, do 11 de xaneiro).

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de xullo de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación do Decreto 276/1999, do 21 de outubro, polo que se regula a composición e as funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

Un.-O artigo 1º, punto 2, queda redactado como segue:

«O Consello Asesor adscríbese, sen prexuízo da súa independencia funcional, ao departamento competente en materia de medios de comunicación social, telecomunicación e audiovisual».

Dous.-O artigo 2º queda redactado como segue:

«Son funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia:

a) Propoñerlle, a través da Secretaría Xeral de Medios, á Xunta de Galicia cantas medidas considere oportunas no ámbito das telecomunicacións e o audiovisual.

b) Coñecer e emitir informe sobre as liñas estratéxicas de actuación recollidas no libro branco das telecomunicacións, así como no futuro libro branco do audiovisual de Galicia.

c) Coñecer e emitir informe sobre os proxectos lexislativos e regulamentarios en materia de telecomunicacións e audiovisual que sexan competencia da comunidade autónoma.

d) Emitir informes sobre os temas relacionados coas telecomunicacións e audiovisual que o/a presidente/a do consello someta á súa consulta.

e) Coñecer, mediar e resolver a través do procedemento de arbitraxe os conflitos que lle sometan as persoas interesadas, de conformidade co disposto no artigo 14 da Lei do audiovisual de Galicia.

f) Propiciar a cualificación e o autocontrol en relación cos contidos dos medios de difusión audiovisuais específicos do ámbito da comunidade autónoma, en coordinación coa Secretaría Xeral de Medios.

g) Calquera outra función que, no marco das súas competencias, se lle atribúa por algunha disposición legal ou regulamentaria.

Tres.-O artigo 3º queda redactado como segue:

«A composición do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia tenderá a acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes e estará formado por:

-Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

-Vicepresidente/a I: a persoa titular do departamento competente en materia de medios de comunicación e audiovisual.

-Vicepresidente/a II: a persoa titular do departamento competente en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións.

-Vicepresidente/a III: a persoa titular do departamento competente en materia de cultura.

-Vogais:

1. En representación da Administración autonómica, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor e por proposta das persoas titulares dos departamentos respectivos:

-Dous/dúas vogais en representación do departamento con competencias en materia de cultura.

-Dous/dúas vogais en representación do departamento con competencias en materia de modernización tecnolóxica.

-Dous/dúas vogais en representación do departamento con competencias en materia de protección civil.

-Tres vogais do departamento con competencias en materia de medios de comunicación audiovisual.

-Un/unha vogal en representación de cada un dos restantes departamentos que integran a Xunta de Galicia».

2. En representación da Administración local:

-Unha persoa representante por cada unha das deputacións provinciais galegas, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta de cada deputación.

-Dúas persoas representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta da dita federación.

-Unha persoa representante de cada unha das sete cidades maiores de Galicia, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta de cada concello.

3. En representación doutros organismos vinculados co sector de telecomunicacións e audiovisual:

-Unha persoa representante por cada unha das tres universidades de Galicia, especialistas en temas de telecomunicación e audiovisual, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta dos respectivos reitores.

-Unha persoa representante do Centro de Supercomputación de Galicia, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta do mencionado centro.

-Unha persoa representante de cada unha das escolas de imaxe e son, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquelas.

-Unha persoa representante da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquela.

4. En representación dos sindicatos, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta das ditas organizacións:

-Unha persoa representante de cada un dos tres sindicatos máis representativos en Galicia.

5. En representación dos usuarios:

-Unha persoa representante da Asociación Española de Usuarios de Telecomunicacións e da Sociedade da Información, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquela.

6. En representación dos/as industriais e comercializadores e comercializadoras, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

-Dúas persoas representantes da industria de fabricación de equipamentos de telecomunicacións.

-Unha persoa representante dos comercializadores e importadores de equipamentos de telecomunicacións.

7. En representación dos operadores de servizos de telecomunicacións, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daqueles:

-Unha persoa representante por cada un dos operadores que presten servizos na nosa comunidade autónoma.

8. Tres representantes da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquela.

9. Unha persoa representante do Consorcio do Audiovisual de Galicia, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta do/a presidente/a do Consorcio.

10. En representación da televisión e da radiodifusión sonora, os representantes de cada un dos sectores seguintes, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta deles:

-Radiotelevisión Española en Galicia.

-Televisións privadas de ámbito estatal con delegación en Galicia.

-Concesionarios/as das televisións privadas de cobertura autonómica.

-Concesionarios/as das televisións privadas de cobertura local, segundo demarcacións.

-Concesionarios/as das televisións públicas de cobertura local, segundo demarcacións.

-Grupos de comunicación que emiten a través das concesións de emisoras de carácter comercial outorgadas pola comunidade autónoma.

-Asociación de emisoras municipais galegas.

-Asociación galega de televisións locais.

11. Unha persoa representante por cada un dos xornais impresos galegos, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daqueles.

12. En representación das asociacións relacionadas co audiovisual galego e empresas de servizos de publicidade:

-Unha persoa representante de cada unha das asociacións máis importantes do audiovisual de Galicia, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Unha persoa representante da Asociación de Telespectadores e Radiooíntes, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquela.

-Unha persoa representante de empresas de servizos de publicidade, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.

13. Unha persoa representante da Fundación Galicia-Europa, designado polo/a presidente/a do Consello Asesor, por proposta daquela.

14. Ata un máximo de once vogais, designados polo/a presidente/a do Consello Asesor, entre personalidades de recoñecido prestixio no sector das telecomunicacións e do audiovisual.

-Secretario/a: un/unha funcionario/a da Secretaría Xeral de Medios, con voz e voto».

Catro.-O artigo 8º, punto 1, queda redactado como segue:

«1. A Comisión Permanente estará composta polos seguintes membros:

A) Presidente/a: o/a vicepresidente/a I do Consello Asesor.

B) Vicepresidentes/as 1º e 2º: o/a vicepresidente/a II e III do Consello Asesor e con esta prelación.

C) Vogais:

a) Dous do punto 1, do artigo terceiro.

b) Un do punto 2, do artigo terceiro.

c) Un do punto 3, do artigo terceiro.

d) Un do punto 4, do artigo terceiro.

e) Un dos puntos 5 e 6, do artigo terceiro.

f) Dous do punto 7, do artigo terceiro.

g) Un do punto 8, do artigo terceiro.

h) O do punto 9, do artigo terceiro

i) Un do punto 10, do artigo terceiro.

j) Un do punto 11, do artigo terceiro.

k) Un do punto 12, do artigo terceiro.

l) O do punto 13, do artigo terceiro.

m) Tres do punto 14, do artigo terceiro.

D) Secretario/a: o/a secretario/a do Consello Asesor.

Para a constitución da comisión permanente, cada un dos grupos de entidades representadas que se citan propoñerán a designación, pola súa vez, de entre os seus membros electos, do/a vogal ou vogais que lles corresponda. No caso de non realizar ningunha proposta de designación, quedará aquela validamente constituída cos vogais propostos, seguindo a orde numérica que expresa o artigo 3º deste decreto, referida a cada grupo representado».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Queda facultado o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento e a execución deste decreto, por proposta do secretario/a xeral de Medios.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza