De conformidade cos estatutos da Universidade de Vigo, co convenio colectivo de persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG nº 145, do 27 de xullo de 2007), consonte as competencias que recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e os estatutos da Universidade de Vigo
Esta reitoría
RESOLVEU:
Primeiro.-Publicar a oferta de emprego público do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2009:
Ver referencia pdf "15200D008P028.PDF"
Segundo.-Para coñecemento de posibles aspirantes, as bases específicas de cada proceso selectivo derivado desta oferta de emprego publicaranse no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro.-Con base no disposto no convenio colectivo de persoal laboral da Universidade de Vigo (DOG nº 145, do 27 de xullo de 2007) do total da oferta de emprego reservarase un 6% para seren cubertas entre persoas con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A distribución por categorías será a seguinte:
-Técnico/a especialista de bibliotecas: 1 praza.
-Auxiliar técnico/a de servizos xerais: 2 prazas.
Cuarto.-O sistema de acceso será o concurso-oposición, coa estrutura das probas prevista no anexo III do convenio colectivo de aplicación. Os temarios que rexerán nas probas publícanse na páxina electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo: http://www.uvigo.es/servicios/pas/index.gl.htm >Emprego>Temarios.
Vigo, 22 de xullo de 2009.
Alberto Gago Rodríguez
Reitor da Universidade de Vigo