DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 05 de agosto de 2009 Páx. 13.104

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 24 de xullo de 2009 pola que se derroga a Orde do 15 de xuño de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.

Publicada no Diario Oficial de Galicia número 124, do 26 de xuño de 2007, a Orde do 22 de xullo, pola que se derroga a Orde do 15 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo e constatada a necesidade de cobertura de trámites que se consideran indispensables para o bo fin e a eficacia das accións comprendidas no seu ámbito de aplicación, faise necesario proceder á súa derrogación, sen prexuízo de realizar unha nova convocatoria para idéntica finalidade, unha vez cumpridos os trámites cuxa ausencia xustifica a derrogación daquela.

Polo exposto, de acordo coas facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

DISPOÑO:

Artigo único.

Queda derrogada a Orde do 15 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de prevención do alcoholismo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2009.

María del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade