DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 05 de agosto de 2009 Páx. 13.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 148 do xoves, 30 de xullo de 2009, é necesario facer a seguinte modificación:

Na páxina 12.869, artigo 2.2º c), onde di:

«Custos de material inventariable: adqusición de equipos e instrumental precisos para a realización do proxecto, que se dediquen ao proxecto en cuestión e que estean debidamente xustificados».

Debe dicir:

«Custos de material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados».