DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 04 de agosto de 2009 Páx. 13.050

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2009, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se actualiza o punto segundo do anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de ordes de pagamento para xustificar.

A Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2006, relaciona no seu anexo as aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar.

A nova clasificación orgánica despois da nova estrutura da Xunta de Galicia e as novas necesidades postas de manifesto polos órganos xestores fan necesaria a actualización do punto segundo do anexo da devandita orde.

De acordo co exposto, vistas as peticións formuladas polas distintas consellerías, e por mor da facultade de actualización que me outorga a disposición adicional da Orde do 26 de febreiro de 1993,

RESOLVO:

Actualizar o punto segundo do anexo da Orde do 26 de febreiro de 1993 pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar, que contén con carácter particular a relación das aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar. O devandito punto quedará redactado de modo que se indica no anexo desta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2009.

Elena Muñoz Fonteriz

Interventora xeral da Comunidade Autónoma

Ver referencia pdf "15100D001P006.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR