DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 30 de xullo de 2009 Páx. 12.826

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 6 de xullo de 2009 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato SN de CC.OO. de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, o sindicato SN de CC.OO. de Galicia acordou a substitución de dous dos seus membros titulares e dous dos suplentes, da súa representación no consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato SN de CC.OO. de Galicia, a Daniel Costas Fernández en substitución de Jaime López Golpe e Maica Bouza Seoane en substitución de José Eusebio Justo Santos.

Artigo segundo.-Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato SN de CC.OO. de Galicia, a José Hurtado Amador en substitución de María Isabel Pérez Simal e Nuria Rodríguez Lema en substitución de Nicolás Pato Pérez.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar