DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 29 de xullo de 2009 Páx. 12.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, de nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado por Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data.

Os días 18 e 25 de setembro e 2 de outubro de 2009.

4. Lugar de celebración.

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Areal, 18-1º, 27004 Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Horario.

Das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

7. Duración.

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de proba de avaliación.

8. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

9. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de solicitude de inscrición.

10. Programa.

Ver referencia pdf "14700D003P006.PDF"

11. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, de nivel básico.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2009.

Sagrario Pérez Castellanos

Directora xeral de Saúde Pública e Planificación

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora.

Cacumen Lugo, S.L.U.

Datas.

Os días 18 e 25 de setembro e 2 de outubro de 2009.

Lugar de celebracion do curso.

Instalacións de Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Areal, 18-1º, 27004 Lugo.

Duración.

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario.

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

Nº de prazas.

Máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes.

Enviarase a ficha de inscrición a Cacumen Lugo, S.L.U., r/ Concepción Areal, 18-1º, 27004 Lugo, Teléfono: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude.