DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 29 de xullo de 2009 Páx. 12.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización e dinamización dos centros de ensino privados de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o ano 2009, curso escolar 2008-2009, ao abeiro da resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística do 22 de decembro de 2008.

A xefa territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, por delegación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, resolve adxudicar as cantidades propostas polo Gabinete de Normalización Lingüística que se reflicten a continuación:

Ver referencia pdf "14700D002P006.PDF"

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes, perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses.

A Coruña, 23 de xullo de 2009.

María Teresa Villaverde Pais

Xefa territorial da Coruña