DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 29 de xullo de 2009 Páx. 12.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2009, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se adxudica o financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino privados de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios para o ano 2009, curso escolar 2008-2009, ao abeiro da resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística do 22 de decembro de 2008.

O xefe do Departamento Territorial de Lugo, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, resolve adxudicar as cantidades propostas polo Gabinete de Normalización Lingüística que se reflicten a continuación.

Ver referencia pdf "14700D002P006.PDF"

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ante a Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Lugo, 16 de xullo de 2009.

José Jesús Ramos Ledo

Xefe territorial de Lugo