DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 23 de xullo de 2009 Páx. 12.567

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 10 de xullo de 2009 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, no seu artigo 40 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, vista a proposta, en exercicio da facultade atribuída

DISPOÑO:

O nomeamento como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña,

En representación da Xunta de Galicia de:

José Luis Méndez López.

Severino Ares Lago.

En representación da Confederación de Empresarios da Coruña:

Pedro Corredoira Isasi.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.

Rosa M. Quintana Carballo

Conselleira do Mar