DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 23 de xullo de 2009 Páx. 12.567

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 10 de xullo de 2009 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, no seu artigo 40 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consello de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, vista da proposta da Confederación de Empresarios da Coruña, e en exercicio da facultade atribuída

DISPOÑO:

O cesamento de Severino Ares Lago como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña en representación da Confederación de Empresarios da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar