DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 22 de xullo de 2009 Páx. 12.510

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 23 de xuño de 2009 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 de dita resolución, o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución de dous dos seus membros titulares e un suplente da súa representación no consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a José Carlos Rodríguez del Río, en substitución de Manuel Mosquera Ferreiro, e Mª Cruz Vázquez González, en substitución de Manuel Golpe Gómez.

Artigo 2º

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a Domingo Barros Montáns, en substitución de Juan Ramón Pais Andrade.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2009.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar