O artigo 41.1º da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da comunidade autónoma.
Para dar cumprimento ao disposto no devandito precepto, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 15 de setembro de 2005 facultar o titular da consellería competente en materia de portos, para a designación e separación dos presidentes das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galicia.
En consecuencia,
DISPOÑO:
O nomeamento de Francisco Javier Puertas Castillo como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.
Rosa M. Quintana Carballo
Conselleira do Mar