DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 16 de xullo de 2009 Páx. 12.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2009 pola que se delega no vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais a asistencia ás mesas de contratación.

O artigo 164 dos estatutos da Universidade de Vigo recolle a composición mínima das mesas de contratación sinalando o xerente como integrante dela.

O volume de actividade administrativa desenvolvida pola xerente e razóns de eficacia e axilidade na xestión fan aconsellable trasladar o exercicio desta competencia a prol de quen asume de xeito máis directo a xestión da materia cuxo obxecto se delega.

Polo antedito, de conformidade co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acorda ditar a seguinte resolución:

1. Delegar no vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais a asistencia ás mesas de contratación.

2. Non pode ser obxecto de delegación a competencia que se delega nesta resolución, e en todo momento a xerente pode avocala para si.

3. Esta resolución terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de xullo de 2009.

Ana Fernández Pulpeiro

Xerente da Universidade de Vigo