DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 16 de xullo de 2009 Páx. 12.266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro.-Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Arzúa, A Coruña) e rematando pola Biblioteca Municipal Os Rosais (A Coruña).

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Arzúa, A Coruña).

Biblioteca Pública Municipal de Portomarín (Lugo).

Biblioteca Pública Municipal de Carballedo (Lugo).

Biblioteca da Fundación Luís Tilve (Santiago de Compostela, A Coruña).

Biblioteca Pública de Salceda de Caselas (Pontevedra).

Biblioteca Municipal Os Rosais (A Coruña).