DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 13 de xullo de 2009 Páx. 12.092

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 3 de xullo de 2009 pola que se renovan e nomean novos vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

De acordo co establecido no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e cesados polo titular do departamento competente, logo da proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Mediante a Orde do 7 de abril de 2005 nomeáronse os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación (DOG do 25 de abril) o seu mandato finaliza o 24 de abril de 2009.

Polo tanto, vistas as propostas de nomeamento formuladas polos axentes de cooperación para o desenvolvemento e de acordo co disposto no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Cesar como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación, por finalización do período de mandato:

Fidel Martín Rocha.

Emilio M. Martínez Rivas.

Mónica Pereira Mata.

Carlos Porteiro Díaz.

José Luis Presedo Díaz.

María Reimóndez Meilán.

Judith Sing Jackson.

Reginaldo Trigo Carreiro.

Agradécenselles a todos eles/as os servizos prestados.

2. Renovar como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación:

* Pola Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais de Cooperación para o Desenvolvemento.

-Titulares:

José Luis Quintela Julián.

Xosé Mª Torres Bouza.

Francisco Vallverdú Baena.

* Pola Confederación de Empresarios de Galicia.

-Titular: José Manuel Maceira Blanco.

-Suplente: Laura Otero Rúa.

* Polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

-Titular: Xulio Ríos Paredes.

-Suplente: Alfredo Novoa Gil.

* Polas fundacións de caixas de aforros.

-Titular: Manuel Aguilar López.

-Suplente: Sabela Couceiro Núñez.

3. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación:

* Pola Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais de Cooperación para o Desenvolvemento.

-Titulares:

Ángel Bañobre González.

Juan María Redondo Abelenda.

-Suplentes:

Estela Mouriño Senande.

Rosa Gómez-Reino.

Mª Paz Gutiérrez.

José Luis Presedo Díaz.

Antón González Artiaga.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2009.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza