DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 10 de xullo de 2009 Páx. 12.010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 119, do 19 de xuño de 2009, é necesario efecturar as seguintes correccións:

Na páxina 10.545, no artigo 3º, punto 1, letra h), onde di: «…de acordo co establecido na Lei de ordenación das telecomunicacións», debe dicir: «…de acordo co establecido na Lei xeral de telecomunicacións».

Na páxina 10.545, no artigo 3º, punto 2.1, letra k), onde di: «…da Secretaría Xeral de Igualdade», debe dicir: «…da Secretaría Xeral de Medios».

Na páxina 10.559, no artigo 7º, punto 5.5, onde di: «…a Subdirección Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade Informática contará coas seguintes unidades administrativas», debe dicir: «…a Subdirección Xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade contará coas seguintes unidades administrativas».

Na páxina 10.560, no artigo 7º, punto 5.6, onde di: «…a Subdirección Xeral de Infraestruturas e Servizos de Telecomunicacións contará coas seguintes unidades administrativas», debe dicir: «…a Subdirección Xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións contará coas seguintes unidades administrativas».