O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior. En consecuencia, e para darlle cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre de 2009 que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo
Ver referencia pdf "13300D012P050.PDF"