DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 09 de xullo de 2009 Páx. 11.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2009 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este instituto no primeiro cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración previstos na artigo 4.1º c) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios previstos no artigo 4.1º c) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, subscritos polo Instituto Galego de Consumo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2009, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

María Nava Castro Domínguez

Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Ver referencia pdf "13300D009P049.PDF"