DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 09 de xullo de 2009 Páx. 11.971

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2009 pola que se fai pública a concesión dos premios sobre cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

Por Resolución do 12 de novembro de 2008 (DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2009), o Consello Galego de Cooperativas fixo públicas as bases do certame Cooperativismo no ensino, dirixido aos centros educativos de Galicia. No anexo I establecéronse as modalidades de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo e de actividades cooperativizadas, dirixidas aos centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria. No anexo II, estableceuse a modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixida a centros de formación profesional.

Nas bases reguladoras destes premios establecíase que os traballos participantes neste concurso serían examinados e valorados por un xurado e que a súa concesión se publicaría no DOG.

Os xurados dos premios, na súa reunión do día 10 de xuño de 2009, resolveron a súa concesión.

Polo que antecede, e no uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

A publicación da resolución dos premios acordados polos xurados, en cada unha das modalidades dos anexos I e II.

A entrega dos premios terá lugar o día 4 de xullo de 2009 nos actos públicos previstos con motivo da conmemoración do día do cooperativismo, que se celebrarán nas instalacións de Amegrove de Cooperativa Galega, no Grove (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

Beatriz Mato Otero

Presidenta do Consello Galego de Cooperativas

ANEXO I

Certame cooperativismo no ensino dirixido a centros educativos de educación primaria e secundaria obrigatoria

1. Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e vídeo:

Categoría A:

Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.

O conto dos tres porquiños e o lobo.

CEIP Virxe do Portal.

Sobrado-A Coruña.

Accésit: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.

O Mar.

CEIP Domaio.

Moaña-Pontevedra.

Categoría B:

Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria.

Coopera.

CEIP San Miguel de Reinante.

San Cosme de Barreiros-Lugo.

Accésit: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria.

Recreos cooper-activos.

CEIP ADR Castelao.

Ordes-A Coruña.

Categoría C.

Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.

Construímos un xardín botánico traballando en equipo.

CEIP do Domaio.

Moaña-Pontevedra.

Accésit: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.

Unión=Forza.

CEIP San Miguel de Reinante.

San Cosme de Barreiros-Lugo.

Categoría D:

Premio ao mellor traballo: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

Diccionario visual de los valores cooperativos.

CEIP Virxe do Portal.

Sobrado-A Coruña.

Accésit: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

O noso horto cooperativo.

CEIP San Miguel de Reinante.

San Cosme de Barreiros-Lugo.

2. Modalidade de actividades cooperativizadas:

Categoría E:

Premio ao mellor traballo: alumnos/as do 1º ciclo da ESO.

Cooperativa de traballos asociado Illasport.

IES Illa de San Simón.

Redondela-Pontevedra.

Categoría F:

Premio ao mellor traballo: alumnos/as do 2º ciclo da ESO.

O xurado acordou outorgar o premido compartido:

Revista escolar Alborada.

Colexio Alborada.

Vigo-Pontevedra.

A semana da paisaxe.

IES Xesús Taboada Chivite.

Verín-Ourense.

ANEXO II

Certame Cooperativismo no ensino dirixido a centros de formación profesional

Modalidade de proxectos empresariais cooperativos:

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:

Aproagro, S. Coop. Galega.

I.E.S. As Mercedes-Lugo.

Accésit aos dous proxectos empresariais finalistas:

Forestal Galicia, S.Coop. Galega.

CPR Caixa Galicia-A Coruña.

Mercadotecnia S. Coop. Galega.

IES A Sangriña-A Guarda (Pontevedra).