DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 09 de xullo de 2009 Páx. 11.957

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de xuño, polo que se declara municipio turístico galego o concello de Cedeira.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 11 de xuño de 2009, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo o seguinte acordo:

Declarar municipio turístico galego o concello de Cedeira, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ao concello correspondente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo