DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 09 de xullo de 2009 Páx. 11.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 2 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para dotacións de unidades de I+D dentro das empresas e investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

A Constitución española, no seu artigo 44.2º, obriga aos poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1º.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

O Estatuto de Galicia recolle no seu artigo 27.19º que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2º da Constitución.

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, determina que estará integrada, entre outros departamentos, pola Consellería de Economía e Industria.

O Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, establece, no seu artigo 4º, que a Consellería de Economía e Industria está estruturada, entre outros órganos superiores, pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

O Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria establece que lle corresponde á Dirección Xeral de I+D+i, entre outras funcións, a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias que en materia de investigación ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia; a elaboración, xestión, coordinación e control do PGIDIT; a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería nas materias de innovación tecnolóxica e innovación na xestión dos sectores produtivos e de infraestruturas tecnolóxicas.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no seu capítulo II, crea o Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (PGIDIT), como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de setembro de 2006, aprobou o PGIDIT 2006-2010 (Incite).

O Incite ten como misión impulsar o crecemento económico e social de Galicia mediante a mellora da súa capacidade científico-tecnolóxica facilitando, deste xeito, a participación das empresas no proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade galega. Este plan estrutúrase en tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais.

Dentro dos programas sectoriais inclúese o Programa de innovación empresarial, que comprende todas as accións e instrumentos destinados a incrementar a competitividade das empresas galegas mediante o estímulo da innovación nas organizacións en calquera punto da cadea de valor e en todos os procesos da empresa. Para o desenvolvemento deste programa sectorial no Incite prevese, entre outras cousas, a prestación de apoio financeiro mediante a convocatoria anual de axudas.

Para as empresas, pequenas e medianas (Innovapeme) e grandes (Innovamais), está prevista a concesión de subvencións para a realización de investimentos para a innovación que permitan mellorar a competitividade da empresa incrementando a súa capacidade innovadora. Con esta finalidade as axudas subvencionan os investimentos que permitan a diversificación da produción con novos ou mellorados produtos ou servizos ou supoñan unha transformación fundamental no proceso global de produción, incluídos os dirixidos especificamente a incrementar a capacidade tecnolóxica e innovadora da empresa.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), publicado no DOUE do 9 de agosto de 2008 (en diante Regulamento (CE) nº 800/2008).

Consecuentemente con todo o anterior, o conselleiro de Economía e Industria en exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente polas leis 11/1988, do 20 de outubro; 12/1989, do 4 de outubro e 2/2007, do 28 de maio,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades:

Finalidade, código de procedemento e anexo das bases:

Dotación de unidades de I+D dentro das empresas. IN848A. Anexo I.

Investimentos innovadores. IN848B. Anexo II.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2009.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao Regulamento (CE) nº 800/2008.

4. As subvencións recollidas nesta convocatoria concederanse para a realización dos proxectos e investimentos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de subvención.

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados dos cales, a título exclusivamente informativo, figuran como anexos desta orde, que irán acompañados dos documentos que se especifican no artigo 4 das correspondentes bases reguladoras, que deberán presentarse en único exemplar.

2. Os formularios de solicitude das subvencións deberanse obter, cubrir, aceptar e imprimir necesariamente a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi, a través da icona denominada fie. Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24.00 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Para imprimir a solicitude no formulario válido é requisito imprescindible a súa aceptación previa por parte do solicitante, que deberá facerse obrigatoriamente, como mínimo, 24 horas antes do peche do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente na Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXAP-PAC).

2. O prazo de presentación de solicitudes serán dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 4º.-Actividades, axudas, sectores e réximes excluídos.

Segundo o establecido no Regulamento (CE) nº 800/2008, polo que se regulan as axudas recollidas nesta orde, non se aplicará aos seguintes tipos de axudas:

a) Axudas en favor de actividades nos seguintes sectores:

-Nos sectores da pesca e a agricultura, regulados polo Regulamento (CE) nº 104/2000.

-De produción primaria de produtos agrícolas mencionados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

-De transformación e comercialización de produtos agrícolas nos casos seguintes cando o importe da axuda se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade de tales produtos comprados aos produtores primarios ou comercializados polas empresas en cuestións, ou a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os agricultores.

-No sector do carbón e do aceiro.

-No sector da construción naval.

-No sector da industria siderúrxica e no sector de fibras sintéticas conforme a definición que recolle o anexo I e II, respectivamente, das directrices comunitarias sobre axudas de estado de finalidade rexional para o período 2007-2013.

b) Tampouco se poderán aplicar ás axudas a actividades relacionadas coa exportación, concretamente as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ás axudas ao establecemento e funcionamento dunha rede de distribución ou as axudas a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

Artigo 5º.-Información aos interesados.

1. Sobre os procedementos recollidos nesta orde poderase obter información adicional na Dirección Xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual.

b) Nos teléfonos 981 95 73 87 e 981 95 73 92 da devandita dirección xeral.

c) No enderezo electrónico info.segapi@xunta.es.

d) Presencialmente.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde Galicia) e 902 12 00 12 (desde o resto do Estado).

3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos extremos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (en diante Lei 15/1999).

Artigo 6º.-Financiamento e concorrencia.

1. As subvencións imputaranse á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, nas cales existe crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2009, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración. A aplicación orzamentaria coa cal se financia esta orde está cofinanciada con fondos Feder.

2. Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as normas de información e publicidade dos fondos contidas no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006).

Ver referencia pdf "13300D002P018.PDF"

3. As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das que poida conceder esta consellería para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que o conxunto das axudas acadadas non exceda, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras e en todo caso que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. As entidades deberán achegar unha copia simple da resolución de concesión doutras axudas.

4. Teranse en conta as seguintes definicións:

Equivalente de subvención bruto (ESB): valor actualizado da axuda expresado en porcentaxe do valor actualizado dos custos subvencionables.

A categoría de microempresas, pequenas e medianas empresas (Pemes), está constituída polas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros.

Na categoría das Pemes, defínese unha pequena empresa como aquela que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

Na categoría das Pemes, defínese unha microempresa como unha empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Para o cálculo destes efectivos e importes financeiros haberá que aterse ao disposto no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008.

Artigo 7º.-Consentimentos e autorizacións.

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras. De conformidade co artigo 20.3º da Lei 9/2007, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización do solicitante ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar daquela as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

Así mesmo, consonte co establecido no mesmo artigo, e na liña f) do artigo 35 da LRXAP-PAC, se o solicitante indica que certos documentos que se deban usar neste procedemento xa están no poder da administración actuante, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Neste caso, o solicitante deberá facer constar a data e o órgano en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e non poden ter transcorrido máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (en diante Lei 4/2006), esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

4. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal, que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei 15/1999, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recollida dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Consellería de Economía e Industria revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente ao seguinte enderezo: edificios administrativos San Caetano, San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que se poderá atopar na Guía do cidadán da páxina web da Xunta.

Artigo 8º.-Órganos competentes.

A Dirección Xeral de I+D+i será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención; corresponderalle ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 9º.-Instrución dos procedementos.

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da LRXAP-PAC, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou nas bases reguladoras requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 7º.1 desta convocatoria resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.

Adicionalmente, os interesados, unha vez presentada nun rexistro válido a documentación requirida para completar o expediente, enviarán ao fax do Servizo Galego de Propiedade Industrial e Innovación Empresarial (981 95 73 80) unha copia desta documentación, na cal deberá figurar o selo de entrada no rexistro en que se presentase.

2. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nesta convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de non admisión, na cal se indicarán as causas desta.

5. O non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 10º.-Comisión de valoración.

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 5 das bases reguladoras, así como de emitir o informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) O subdirector xeral de Xestión do PGIDIT, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) A subdirectora xeral de Innovación Empresarial ou persoa en quen delegue.

c) O xefe do Servizo Galego de Propiedade Industrial e Innovación Empresarial, ou persoa en quen delegue.

d) Dous xestores de Fomento da Innovación Empresarial.

e) Un funcionario da Dirección Xeral de I+D+i, que actuará como secretario con voz pero sen voto.

3. Na proposta de concesión que formule o órgano instrutor figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo 5 das bases reguladoras. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das solicitudes consideradas subvencionables quedará en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados para estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

5. A comisión de valoración poderá determinar o número máximo de proxectos que poden ser obxecto destas subvencións para cada solicitante, así como a puntuación por debaixo da cal non se propón o seu financiamento.

Artigo 11º.-Audiencia.

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poráselles de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 12º.-Resolución e notificación.

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a comisión de valoración emitirá un informe no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada. O órgano instrutor elevará o citado informe, xunto coa proposta de resolución que formule, ao conselleiro de Economía e Industria, que ten a competencia para resolver estas axudas, sen prexuízo da súa posible delegación noutros órganos da Consellería de Economía e Industria. Esta resolución deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

2. Á vista da proposta formulada pola comisión de valoración a través do órgano instrutor e segundo o que dispón o artigo 21.4º da Lei 9/2007, ao non ser tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, o conselleiro de Economía e Industria ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

a) As entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade.

c) A relación de posibles suplentes.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de nove meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

5. Segundo dispón o artigo 24 da Lei 9/2007, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido no artigo 58 da LRXAP-PAC. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da devandita lei, poderase substituír a notificación individual de concesión de axuda pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Economía e Industria, con indicación neste caso da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas da desestimación.

Artigo 13º.-Réxime de recursos.

As resolucións ditadas ao abeiro desta orde de convocatoria poranlle fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14º.-Modificación da resolución.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión, por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento obxecto da subvención, e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía e Industria logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 11º desta convocatoria.

Artigo 15º.-Aceptación e renuncia.

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, a entidade beneficiaria da subvención deberá aceptala expresamente, cubrindo e asinando o documento correspondente. Transcorridos 15 días sen ter recibido este documento no órgano xestor, entenderase que a entidade acepta a subvención.

2. Non obstante, no caso de que a entidade beneficiaria fixese constar na solicitude de subvención que solicita a modalidade de pagamento anticipado, no prazo máximo de dez días naturais desde a publicación da resolución na páxina web da Consellería de Economía e Industria, deberá presentar a aceptación da subvención nestes termos. Noutro caso, entenderase que renuncia a ela.

3. A renuncia á subvención ou a súa aceptación poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo XV, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da LRXAP-PAC.

4. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro de Economía e Industria ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 16º.-Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos anexos desta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle á Dirección Xeral de I+D+i a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Manter os investimento obxecto da axuda polo menos durante os cinco anos seguintes, ou de tres anos no caso das Pemes, unha vez rematado o proxecto.

e) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

f) Solicitarlle á Dirección Xeral de I+D+i, previamente á súa realización, e, en todo caso, antes de que remate o prazo de xustificación da subvención, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos proxectos aprobados. Terase en conta que a realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a devolución das cantidades desviadas.

g) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro.

Artigo 17º.-Xustificación da subvención.

1. Para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3º desta convocatoria e na data límite do 25 de novembro de 2009, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, a documentación que a continuación se indica:

a) Un resumo da execución do investimento en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto. Documentación xustificativa do investimento: orixinal ou copia compulsada das facturas en relación cos gastos subvencionados.

b) O período de emisión das facturas será desde a data de presentación das solicitudes das subvencións ata o 25 de novembro de 2009.

c) Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data posterior ao 25 de novembro de 2009. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, a satisfacción do importe total da factura, o número de factura a que correspondan, así como o concepto a que se refiren. No caso de pagamentos en metálico, deberá presentarse recibo do provedor xunto co correspondente movemento de caixa, ou acreditación equivalente.

d) Para cada unha das subministracións de material inventariable e para cada un dos gastos de consultoría ou servizos externos que superen os 12.000 euros, deberán achegarse:

-Un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que fagan esas subministracións ou presten eses servizos. Estas excepcións deberán xustificarse.

-Unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Nas facturas da maquinaria adquirida deberá figurar, sempre que sexa posible, o correspondente número de licenza.

e) Certificación expedida pola entidade bancaria na cal se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realizar o pagamento.

1.2. Sen prexuízo da documentación indicada no punto anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

2. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o beneficiario non presenta a documentación pertinente segundo o indicado no punto anterior, a Dirección Xeral de I+D+i requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e á exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

3. Malia o disposto no punto anterior, o órgano concedente da subvención poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda da metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiro. As condicións e o procedemento para a concesión da ampliación son os establecidos no artigo 49 da LRXAP-PAC.

4. En todo caso, o prazo de xustificación, incluída a ampliación, deberá permitirlle ao órgano concedente a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

5. Cando se aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porase no seu coñecemento e concederáselle un prazo de dez días para a súa corrección.

6. No caso de que algunha entidade que recibise un anticipo no momento da resolución, de acordo co establecido no artigo 18º desta orde, non realizase ningunha parte do proxecto subvencionado, procederá o reintegro da cantidade recibida no prazo establecido para a xustificación da subvención, polo procedemento que lle indicará a Dirección Xeral de I+D+i.

Artigo 18º.-Pagamento.

1. Con carácter xeral, poderán realizarse anticipos, que serán concedidos mediante resolución motivada, nas condicións establecidas no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009 e nesta orde de convocatoria. O aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 80% do total do orzamento de gastos da acción subvencionada, en concepto de anticipo, no momento de ditarse a resolución de concesión, no caso de que a entidade así o fixese constar na solicitude da subvención.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións subvencionadas e xustificados os gastos realmente efectuados, de acordo co establecido nesta orde de convocatoria.

c) No caso de pagamentos á conta ou anticipos, exímese, de forma excepcional, da presentación de garantías, logo de autorización polo Consello da Xunta.

2. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao pagamento final da subvención, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007.

Artigo 19º.-Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións.

1. A entidade beneficiaria da subvención deberá cumprir cos obxectivos, proxectos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da subvención, así como os compromisos asumidos nela. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento, e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida e aos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo cal se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 (en diante Regulamento 11/2009).

2. O incumprimento total dos fins para que se concedeu a subvención, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación será causa de perda do dereito ao cobramento ou reintegro total da subvención.

3. O incumprimento parcial dos fins para que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

4. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a perda do dereito ao cobramento ou á devolución das cantidades desviadas.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 20º.-Control.

1. A Consellería de Economía e Industria poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Aparte disto, os xestores do Programa de fomento da innovación empresarial poderán realizar nas entidades perceptoras de subvencións, en calquera momento, as comprobacións e aclaracións que consideren necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto; se se constatase unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, poderán propoñer a suspensión da subvención concedida. Así mesmo, a Dirección Xeral de I+D+i poderá convocar os responsables da entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

3. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da comunidade autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (en diante DL 1/1999) e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 21º.-Publicidade.

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 22º.-Remisión normativa.

Para todo o non previsto nas bases reguladoras observarase o previsto na Lei 9/2007; no Decreto 11/2009; no DL 1/1999; no Regulamento (CE) nº 800/2008; no Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo cal se derroga o Regulamento (CE) nº 1783/1999; no Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo, polo cal se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión e se derroga o Regulamento (CE) nº 1260/1999, e no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, polo cal se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do 11 de xullo, do Consello, polo cal se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1290/1999, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de I+D+i para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2009.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a realización de investimentos para a dotación de unidades de I+D dentro das empresas (código de procedemento: IN848A)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora das empresas galegas mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de investigación e innovación como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos.

Con estas subvencións preténdese favorecer a creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico.

Establécense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

-Innovapeme: investimentos para unidades de I+D nas Pemes.

-Innovamais: investimentos para unidades de I+D en grandes empresas.

2. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como activos materiais e, polo tanto, subvencionables, os seguintes:

a) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da empresa, sempre que non supoñan duplicidade inxustificada de equipamento existente no sistema galego de innovación.

b) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos.

3. Para obter estas subvencións será imprescindible que a empresa teña recursos económicos e/ou humanos especificamente dedicados a I+D e deberá xustificar que actividades e proxectos se van levar a cabo. Ademais, non se financiarán investimentos en equipamentos para control de calidade.

4. Estas subvencións terán unha anualidade, e só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2º, que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 6º destas bases.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. A subvención concedida poderá alcanzar o 30% do custo subvencionable, en termos de equivalente de subvención bruta. No caso das subvencións concedidas a pequenas e medianas empresas (Innovapeme) este límite poderá incrementarse nun 20% cando se trate de pequenas empresas, e nun 10% para as concedidas a medianas empresas. No entanto, estes incrementos non son aplicables ao sector do transporte.

2. As subvencións concedidas non poderán superar o importe de 1.500.000 €, e respectarán as porcentaxes máximas permitidas.

3. Para os efectos do establecido no artigo 6º.3 da convocatoria, establécense como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto 1, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, así como as agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os anteriores requisitos.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indican na convocatoria.

2. Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Formulario normalizado de solicitude, en único exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2 da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante. Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono e fax) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións. Serán responsabilidade exclusiva da entidade solicitante tanto os erros na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de I+D+i de calquera cambio que se producise neles.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas. De ser o caso, copia simple da resolución de concesión doutras axudas.

c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.

d) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa.

e) Copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

f) Copia compulsada do poder bastante co que actúa o representante legal da entidade solicitante.

g) Copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica á cal representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3. A documentación recollida nas alíneas b), c) e d) obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na valoración realizada pola comisión de valoración, teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Interese e beneficios que os investimentos lle proporcionan á empresa, sobre todo cara á diversificación da produción e/ou mellora significativa no proceso global de produción (máximo 22 puntos).

b) Proxectos ou actividades de investigación ou innovación coas cales o novo investimento estará vinculado (máximo 15 puntos).

c) Experiencia da empresa para desenvolver proxectos de I+D+i e resultados previos obtidos que supuxesen unha innovación significativa en Galicia (máximo 20 puntos).

d) Capacidade científico-técnica do persoal responsable do novo equipamento. Valorarase a presenza de persoal especificamente capacitado e dedicado a actividades de I+D+i na empresa (máximo 30 puntos).

e) Xustificación e adecuación do orzamento (máximo 10 puntos).

f) Pola utilización da lingua galega na realización de actividades ou condutas para as que se solicita a axuda, de conformidade co establecido no artigo 20.2º da Lei 9/2007 (máximo 1 punto).

g) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 25 de novembro de 2009 a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17º da convocatoria.

b) Memoria libre en que se detalle o desenvolvemento da actuación subvencionada.

c) Documento informe de seguimento.

d) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

ANEXO II

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores (código de procedemento: IN848B)

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.

1. As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións de investimentos innovadores que incidan na capacidade competitiva das empresas.

2. Subvencionaranse os investimentos dirixidos a:

a) Creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun establecemento da empresa solicitante, coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

b) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.

c) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.

3. Para a determinación do custo subvencionable, consideraranse activos materiais e inmateriais, respectivamente e, polo tanto, subvencionables, os seguintes:

a) Realización de investimentos en instalacións e maquinaria necesarios para o proxecto. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.

b) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de dereitos de patentes, licenzas, know-how ou coñecementos técnicos non patentados. No caso de empresas que non teñan a condición de PEME, o custo subvencionable por este concepto non pode ser superior ao 50% do custo subvencionable total do proxecto.

4. O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 300.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

5. Estas subvencións terán unha única anualidade; por tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2º, que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 6º destas bases.

6. Establécense dúas modalidades de axuda, segundo o tipo de empresa solicitante:

a) Innovapeme: investimentos realizados por Pemes.

b) Innovamais: investimentos realizados por grandes empresas.

Artigo 2º.-Contía das subvencións e concorrencia.

1. A subvención concedida poderá alcanzar o 30% do custo subvencionable, en termos de equivalente de subvención bruta. No caso das subvencións concedidas a pequenas e medianas empresas (Innovapeme) este límite poderá incrementarse nun 20% cando se trate de pequenas empresas, e nun 10% para as concedidas a medianas empresas. Non obstante, estes incrementos non son aplicables ao sector de transporte.

2. As subvencións concedidas non poderán superar o importe de 1.500.000 €, respectando as porcentaxes máximas permitidas.

3.-Para os efectos do establecido no artigo 6º.3 da convocatoria, establécense como límite máximo para o conxunto das axudas acadadas as porcentaxes fixadas no punto 1, para cada tipo de empresa, medidas en termos de equivalente de subvención bruto (ESB).

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indiquen na convocatoria.

2. Xunto coas solicitudes deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Formulario normalizado de solicitude, en único exemplar, obtido a través da aplicación informática sinalada no artigo 2 da convocatoria, impreso sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscadas no seu formato orixinal. Estes formularios deberán ser asinados polo representante legal da entidade solicitante. Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono e fax) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións. Serán responsabilidade exclusiva da entidade solicitante tanto os erros na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de I+D+i de calquera cambio que se producise neles.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas. De ser o caso, copia simple da resolución de concesión doutras axudas.

c) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007.

d) Declaración de cumprir os requisitos de pequena, mediana ou grande empresa.

e) Copia compulsada do CIF da entidade solicitante, ou NIF no caso de empresario individual.

f) Copia compulsada do poder bastante con que actúa o representante legal da entidade solicitante.

g) Copia compulsada da escritura de constitución da entidade e modificacións, de ser o caso, da persoa xurídica á cal representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3. A documentación recollida nas alíneas b), c) e d) obterase da aplicación informática sinalada no artigo 2º da convocatoria.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

Na avaliación realizada pola comisión de valoración teranse en conta os seguintes criterios (máximo 100 puntos):

a) Interese e beneficios que os investimentos lle proporcionan á empresa, sobre todo cara á diversificación da produción e/ou mellora significativa no proceso global de produción (máximo 22 puntos).

b) Carácter innovador ou emprendedor do proxecto de investimento (máximo 10 puntos).

c) Impacto esperado do investimento sobre os resultados económicos da empresa (facturación, produtividade, emprego...) tanto a curto como a longo prazo (máximo 20 puntos).

d) Capacidade de arrastre do proxecto no seu contorno e impacto no conxunto da economía galega (máximo 10 puntos).

e) Capacidade da empresa para desenvolver proxectos innovadores e experiencia previa no desenvolvemento de proxectos de I+D e innovación. Valorarase a presenza de persoal especificamente capacitado e dedicado a actividades de carácter innovador na empresa (máximo 20 puntos).

f) Xustificación e adecuación do orzamento (máximo 15 puntos).

g) Pola utilización da lingua galega na realización de actividades ou condutas para as que se solicita a axuda, de conformidade co establecido no artigo 20.2º da Lei 9/2007 (máximo 1 punto).

h) Solicitude presentada correctamente, sen que sexa necesaria a súa rectificación (máximo 2 puntos).

Artigo 6º.-Xustificación da subvención.

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 25 de novembro de 2009 a seguinte documentación:

a) A relacionada no artigo 17º da convocatoria.

b) Memoria libre na cal se detallen os beneficios obtidos pola empresa co investimento realizado.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades. De ser o caso, copia simple da resolución de concesión doutras axudas distintas das que xustifican a solicitude.

Ver referencia pdf "13300D002P018.PDF"

Ver referencia pdf "13300D003P029.PDF"