DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 07 de xullo de 2009 Páx. 11.814

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de xuño de 2009 pola que se modifica a Orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos.

Advertido erro na Orde do 12 de xuño de 2009 pola que se modifica a orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos, publicada no DOG número 127, do 1 de xullo de 2009, faise a oportuna corrección:

Artigo único.-Modificación da Orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos

Onde di: «Un. A alínea 1 do número 1 do artigo 2º queda redactada do seguinte modo:»; debe dicir: «Un. A alínea 1 do número 2 do artigo 3ª queda redactada do seguinte modo».

Ver referencia pdf "13100D001P006.PDF"