DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 26 de xuño de 2009 Páx. 11.162

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 24 de xuño de 2009 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, ao abeiro do disposto no artigo 40 da Lei 27/1992, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento como vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, e en representación da Xunta de Galicia dos seguintes:

José Manuel Álvarez Campana-Gallo.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo.

Susana Rodríguez Carballo.

Cristina Ortiz Dorda.

Diego Calvo Pouso.

Martín Fernández Prado.

Roberto Pérez López.

Miguel Rodríguez Bugarín.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2009.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar