DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 26 de xuño de 2009 Páx. 11.161

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 16 de xuño de 2009 pola que se dispón o nomeamento de vogal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No artigo 5.2º b) do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, establécese que o Padroado do CGAC será o seu órgano reitor colexiado, indicando a composición dos seus membros, e que lle corresponde ao conselleiro de Cultura e Turismo o nomeamento dos vogais por designación entre persoas de recoñecido prestixio ou competencia en asuntos relacionados coa cultura e as artes plásticas ou que se distinguiron polos servizos ou axudas ao Centro Galego de Arte Contemporánea.

Conforme as facultades conferidas na disposición derradeira primeira do citado decreto,

DISPOÑO:

O nomeamento de Ramón Villares Paz como vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2009.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo