DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 18 de xuño de 2009 Páx. 10.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 25 de maio de 2009 pola que se acorda a cesión en propiedade de catro ordenadores persoais e unha impresora á Asociación de Jubilados de Taboada.

A Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da comunidade autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, exixindo o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta a que a entidade beneficiaria debe destinar os bens, así como as súas condicións.

A Asociación de Jubilados de Taboada, inscrita co número 1997/001995/1ª LU no rexistro provincial de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, carece de fins lucrativos segundo se desprende dos seus estatutos. Esta entidade solicitou á Consellería de Traballo a cesión de equipamentos informáticos que xa estean en desuso, para dedicar á instalación dunha aula de informática. Para tal fin, a consellería tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión en propiedade a favor da Asociación de Jubilados de Taboada dos seguintes bens:

Ver referencia pdf "11800D004P024.PDF"

Artigo 2º

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 35 bis, da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autómona de Galicia, e 96 bis do Decreto 50/1989, polo que se aproba o seu regulamento, destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social da Asociación de Jubilados de Taboada. Concretamente dedicarase á instalación dunha aula de informática.

b) Coa cesión outórgaselle á Asociación de Jubilados de Taboada a propiedade dos bens mobles cedidos.

c) Se os bens cedidos non se aplicaren aos fins sinalados, se se descoidaren ou utilizaren con grave quebranto ou se incumpriren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioracións que experimentaren.

d) Serán de conta da entidade cesionaria todos os gastos de conservación e mantemento dos bens mobles cedidos.

Artigo 3º

As devanditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar para ditar e realizar as resolucións e trámites necesarios para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Beatriz Otero Mato

Conselleira de Traballo e Benestar