DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

Presentada neste concello por Carmen Troitiño Taín solicitude de licenza de actividade dunha explotación porcina, situada no predio 192, polígono 87 do plano catastral, chamado Campiño Longo, nas proximidades do lugar do Outeiro, parroquia de Parada (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 20 de maio de 2009.

Paula Fernández Pena

Alcaldesa-presidenta