DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

Presentada neste concello por Antonio Salgueiro Pérez, en representación de Gandería Casadiño, S.C., solicitude de licenza para a ampliación de estabulación de gando vacún de leite, situada no predio 953, polígono 12 do plano de concentración parcelaria de Breixa-Martixe-Ansemil, nas proximidades do lugar de Breixiña, parroquia de Breixa (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 30 de abril de 2009.

Paula Fernández Pena

Alcaldesa-presidenta