DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

Presentada neste concello por Purificación Pena Rodríguez, en representación da Clínica Dental Pena Rodríguez, solicitude de licenza para a apertura de local para dedicalo a clínica dental, na rúa do Progreso, nº 26, baixo (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 30 de abril de 2009.

Paula Fernández Pena

Alcaldesa-presidenta