DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de contratación administrativa.

No BOP da Coruña nº 111, do 18 de maio de 2009, publicouse anuncio de licitación relativo ao seguinte contrato de servizos:

Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Sada.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

c) Prazo de execución: 42 meses.

Para a obtención de documentación e información poden dirixirse ao Departamento de Contratación do concello; avda. da Mariña 25, 15160, Sada. Tfno: 981 62 00 75, fax: 981 62 36 55 ou no perfil do contratante na páxina web municipal www.concellodesada.com

O que se informa para os efectos oportunos.

Sada, 21 de maio de 2009.

Abel López Soto

Alcalde