DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

No BOP publícanse integramente as bases específicas (nº 111, do 18 de maio de 2009) que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición restrinxida con dispensa de requisitos de idade e estatura, dunha praza de polícia local pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, grupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribadavia, 4 de xuño de 2009.

Marcos Blanco Jorge

Alcalde