DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

EDICTO.

Jesús Magallais Rodríguez, en representación da sociedade J y S, S.C., solicitou licenza municipal para proceder á instalación, apertura e posta en funcionamento de nave para cebadeiro de porcino, que se instalará na parcela nº 26 do polígono 1 da concentración parcelaria da zona de Rioseco. De conformidade co establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese un trámite de información pública por un período de veinte días, mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, co fin de que durante este poidan examinar o expediente na secretaría municipal todos aqueles interesados que se consideren afectados pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Calvos de Randín, 22 de maio de 2009.

Aquilino Valencia Salgado

Alcalde-presidente