DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEARIZ

EDICTO de exposición ao público da delimitación do núcleo rural de Magros, parroquia de Beariz.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, sométese a información pública a delimitación do núcleo rural de Magros, parroquia de Beariz, polo prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia para que os interesados poidan formular as suxestións ou alegacións que crean oportunas.

No caso de producirse a publicación en datas diferentes, o prazo computarase desde a última publicación no diario correspondente.

Beariz, 15 de maio de 2009.

Manuel Prado López

Alcalde