DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ANUNCIO de acordos de inicio de expediente de reintegro de axudas ao estudo.

Ao non poderse levar a cabo a notificación persoal aos interesados, segundo o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en aplicación do disposto no mesmo artigo, deben publicarse para os efectos de notificación os acordos de inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo. Durante o prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados terán á súa disposición os expedientes para que, de acordo co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aleguen e presenten os documentos e xustificantes que xulguen pertinentes ante a Universidade da Coruña; Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña 15071-A Coruña, teléfono 981 16 70 00, extensión 1186.

Ver referencia pdf "11700D040P059.PDF"