DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2009, do Hospital de Verín, pola que se anuncia concurso para a contratación do servizo de lavandaría AB-HVE1-09-005.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Hospital de Verín.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de lavandaría.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Hospital de Verín, estrada de Laza, s/n, 32600 Verín, Ourense

d) Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

c) Forma: segundo o prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote único: 64.727,37 euros con IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.000 euros.

b) Definitiva:. 5% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital de Verín.

b) Domicilio: estrada de Laza s/n.

c) Localidade e código postal: 32600 Verín (Ourense).

d) Teléfono: 989 41 44 41 ou 988 59 90 95.

e) Telefax: 988 41 10 87.

f) Web: http://www.sergas.es

7. Requisitos específicos del contratista.

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 15.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administración públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Secretaría do Hospital de Verín, estrada de Laza, s/n, 32600 Verín, Ourense.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: a data, hora e lugar de realización da mesa de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria onde se poden obter os pregos: http://www.sergas.es

Verín, 9 de xuño de 2009.

Pilar Fraga Gallego

Directora do Hospital de Verín