DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2009, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario, pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde, mediante acordo marco con procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, para a adquisición de material de oficina MS-CHC1-09-015.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta semisoto do Hotel de Doentes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións.

c) Tramitación: ordinaria.

3. a) Lugar de entrega: Severiano Gestión, S.L. (Servimovil); polígono de Pocomaco, parcela B-5 - A Coruña.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos produtos por actividades): CPA: 32.50.13.

-MS-CHC1-09-015.

Adquisición de material de oficina.

Orzamento sen IVE: 102.572,76 €.

IVE: 16.411,64 €.

Orzamento total: 118.984,40 €.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes dos servizos requiridos:

-Existen 4 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servizo onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde: http://www.sergas.es

b) Data límite para efectuar a dita solicitude: a mesma que reflicte o número 6.a).

c) De ser o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obter os ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 3 de xullo de 2009.

b) Enderezo a que deben enviarse: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, planta baixa do Hospital A Coruña. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse: castelán ou galego.

d) Documentación que se presentará: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a data de realización da apertura do sobre C, relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil de contratante: www.sergas.es. Sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta, do Hotel de Doentes (anexo ao Hospital A Coruña). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

8. Garantías exixidas:

Provisional: 3.077,18 €.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas e facturadas.

10. De ser o caso, forma xurídica que deberá adoptar a unión das empresas adxudicataria, da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reunir o provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. De ser o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 10 de abril de 2009.

17. Data de envío do anuncio: 28 de maio de 2009.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 19 de maio de 2009.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña