DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 17 de xuño de 2009 Páx. 10.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de xuño de 2009, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento acordado no expediente de desafiuzamento administrativo D.OU-31/07.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Saez Díez número 1 da cidade de Ourense, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 2 de xuño de 2009.

Paulino González Rodríguez

Xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: D.OU-31/07.

Nome: Rui Manuel Teixeira Cancelas.

Enderezo: Urbanización 1º de Maio, número 7, bloque 7, 1º D, Verín.

Débeda no 14-5-2009 de 4.582,45 euros.